martes, 27 de febrero de 2018

DIS-CAPACIDAD. PREPARANDO XORNADAS DE INCLUSIÓN

DIS-CAPACIDAD. Cómo tratar a una persona con discapacidad: Aspectos generales


Consellos para o trato con persoas con discapacidade: Consellos xerais: • Fala directamente á persoa con discapacidade, non ao seu acompañante. • Pensa que a discapacidade non é unha incapacidade: • Non subestimes nin prexulgues ás persoas con discapacidade. • Deixa que elas fagan por se mesmas todo o que poidan facer. • Pregunta antes de axudar e non deas por sentado que necesitan axuda. • Ofrece a túa axuda unicamente se a persoa parece necesitala. • Que sexan elas as que che marquen o ritmo. • Actúa con naturalidade: Pensa que desexan que se lles trate como a iguais e evita o proteccionismo ou o paternalismo. • Antes de axudar, pregunta sobre como podes axudar. • Realiza a axuda con naturalidade, sen esaxerar. Consellos para o trato con persoas con discapacidade física: • Ofrece a túa axuda par alcanzar ou levantar obxectos, abrir portas ou xanelas, utilizar máquinas expendedoras ou outro tipo de equipos. • En compañía de alguén que camiña amodo ou utiliza muletas, axusta o teu paso ao seu. • Se descoñeces o manexo dalgunha axuda técnica (cadeira de rodas, andador, teclado especial...) pregunta ao usuario acerca de como axudarlle. • Para falar cunha persoa usuaria de cadeira de rodas, sempre que sexa posible, sitúache
de fronte e á súa mesma altura. Consellos para o trato con persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental: • Trátalle de acordo á súa idade, pero adaptándonos á súa capacidade e lembrando a súa condición de persoa. • Procura ser naturais, respectuoso e discreto ao falar a unha persoa con dificultades de comprensión. • Axúdalle só no necesario, deixándolle que se desenvolva soa no resto das actividades. • Exprésate utilizando un vocabulario sinxelo e asegurándote de que che comprendeu. A comunicación debe ser clara, sen ambigüidades e evitando confusións. • Respecta os seus silencios e o seu espazo vital. • Nunha conversación poden responder lentamente, polo que hai que darlles tempo para facelo. Procura ser paciente, flexible e móstralles apoio. • Se tes que explicarlle algo, faino con instrucións claras e
concisas, acompañadas de modelos de acción (exemplos, demostracións, guiar coa man, etc). • Procura estar atento ás súas repostas, para que poidas adaptar a comunicación se fose necesario. • Facilita a súa relación con outras persoas.

DISCAPACIDAD. INFOGRAFÍAS 



Como tratar a unha persoa con discapacidade intelectual Adoptar unha maneira de falar natural e sinxela. 

Evitar a linguaxe técnica e complexo e usar frases directas e ben construídas. Non ignorar ás persoas con discapacidade intelectual. Saudar e despedirse delas normalmente, como con calquera persoa. Responder as súas preguntas, asegurándonos de que nos comprendeu. Hai que ter paciencia, as súas reaccións poden ser lentas e tardar en comprender o que se lle di. Salvo para cuestións intelectuais, tratalas de acordo coa súa idade. Limitar a axuda ao necesario, procurando que se desenvolva soa no resto das actividades. Facilitar a súa relación con outras persoas. Evitar a sobreprotección. Deixar que elas fagan ou traten de facer soas todo o que poidan. Axudalas só cando sexa realmente necesario.













No hay comentarios:

Publicar un comentario