Mostrando entradas con la etiqueta LITERATURA GALEGA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LITERATURA GALEGA. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de febrero de 2019

NARRATIVA GALEGA DE POSGUERRA: REALISMO POPULAR (A. FOLE) E REALISMO FANTÁSTICO (A. CUNQUEIRO)





En 1939 acabou a Guerra Civil que consolidou un Estado que suprimiu as autonomías e que puxo como única lingua o castelán. Pero aínda así apareceron algúns poemarios en galego e Filgueira Valverde redactaba o folleto chamado “O gaiteiro de Lugo”. No ano 1949 creou a editorial dos Bibliofilos Gallegos que publicaría a primeira novela longa da posguerra.

A LINGUA GALEGA ASOMA A ORELLA EN 1949

Un ano despois de que Filgueira Valverde creara a editorial dos Bibliofilos Gallegos outros galeguistas decidiron crear a Editorial Galaxia. A esta editorial debémoslle o primeiro gran dicionario, unha importante gramática, unha revista científica en galego que aínda existe hoxe e sobre todo a explosión dunha gran creación literaria.

EDITORIAL GALAXIA

ÁLVARO CUNQUEIRO
 Alistán, odemo oveiro
Animación en plastilina baseada nun texto de Álvaro Cunqueiro. Alistán é un demo que sofre un grave desaxuste intestinal, o que lle produce o rexeitamento dos habitates do bosque. Para resolver o seu cheirento problema, Alistán vai ao médico que lle receita o consumo exclusivo de ovos de galliña, sempre que non o pille o sacristán de Seixido.

Si o vello Sinbad volvese ás illas: fragmentos lidos por Gustavo Pernas (4,51 min.) e Paco Martín (2,33 min.).
 

Merlín e familia: fragmentos lidos por Carlos Mella (1,43 min.), Xavier Alcalá (1,05 min.) e Estíbaliz Espinosa (2,36 min.)


Os outros feirantes: fragmento lido por Nacho Taibo. Duración: 3,43 min. 


Dona do corpo delgado: lectura do poema "Soedade primeira" feita por Laura Caveiro. Duración: 1,53 min. 

Herba aquí e acolá: poemas lidos por Teresa Seara ( 1,51 min.) e Antón Dobao ( 1,09 min.)




A orella dereira de Antón de Leivas. Capítulo da serie da TVG "Os outros feirantes" baseada en "semblanzas" de Álvaro Cunqueiro. Director: Xosé Cermeño. Protagonizado por Santiago Ramos. Rodado en Camariñas
http://www.linguagalega.org/literatura/posguerra/espazonarrativapos/espazonarrativapos.htm


FOLE

O tesouro



Os lobos


Os difuntos falaban castelao
Curtametraxe de animación stop motion baseada nun relato do libro A lus do candil de Anxel Fole, dirixida e animada por Virginia Curiá e Tomás Conde
Na noite de defuntos nunha vila galega, unha rapaza foxe da súa casa co seu mozo para prometérense amor eterno. Esa mesma noite os veciños escoitan unhas misteriosas voces que no cemiterio falaban en castelán.


O cadaleito, curtametraxe sobre o relato "A caixa de morto"


"O documento": lectura de fragmentos deste relato de Á lus do candil realizada por Carlos Vázquez. Duración: 3,12 min. 





Interpretación cinematográfica do capitulo "A arrasadeira" do libro "Os biosbardos", de Eduardo Blanco Amor.

domingo, 3 de febrero de 2019

NARRATIVA GALEGA DE POSGUERRA

Este período literario aparece fondamente marcado pola Guerra Civil e as consecuencias políticas e sociais que dela se derivaron.

- Grande represión cultural e lingüística durante a ditadura franquista en Galiza, que provoca o exilio de numerosos intelectuais   comprometidos co nacionalismo, o republicanismo ou simplemente coa democracia.
- Ante a práctica imposibilidade de publicar en galego até a década dos 50 no noso país, cobra unha vital importancia a actividade cultural do exilio.
- O exilio galego conta cunha peculiaridade importante: a existencia dunha infraestrutura asociativa estable en moitos países   de Latinoamérica creada por intelectuais que xa vivían na emigración antes da irrupción da Ditadura.
- En consecuencia, a práctica totalidade do exilio galego diríxese   cara a eses países do continente americano.
- Desenvolvemento da literatura comprometida, integrada con correntes máis amplas da época: existencialismo, marxismo, pacifismo.

A partir dos anos 50 e 60 reactívase a actividade literaria, social e política en Galiza.
Prodúcese un importante movemento de renovación da expresión   formal e da temática da narrativa.

LIÑAS TEMÁTICAS DA NARRATIVA (1936-1976)


Continuadores da xeración Nós: novela de carácter máis tradicional,   seguindo o modelo de Otero Pedrayo
  R. CARVALHO CALERO: A xente da barreira (1950)


Realismo popular, etnográfico: narrativa breve, baseada nas lendas   populares
  ÁNXEL FOLE: Á lus do candil(1952)


Realismo social: intención de denuncia, crítica e análise da sociedade
  E. BLANCO AMOR: A esmorga (1959).
A ESMORGA

A ESMORGA_COLOQUIO



 X. NEIRA VILAS: Memorias   dun neno labrego (1962)

Realismo fantástico: elementos populares extraídos da realidade,   mesturados con outros de carácter fantástico
  ÁLVARO CUNQUEIRO: Merlín e familia (1955)

Nova Narrativa Galega: proxecto rupturista, renovador, tanto a ni-  vel temático como formal, seguindo as tendencias europeas
  X. L. MÉNDEZ FERRÍN: O crepúsculo e as formigas (1961)



lunes, 7 de enero de 2019

LITERATURA S. XX: AS VANGARDAS (1900-1930)

PRESENTACIÓN VANGARDAS

Renovación RADICAL das linguaxes de todas as expresións culturais.

ORIXE:
 Naceron como resposta á fonda crise das artes que se deu naqueles anos.
 Pretenden reflectir as novas formas de vida moderna.
 Vontade de explorar novos camiños.
 Difusión das ideas a través de MANIFESTOS.
 Movementos diferentes / PERO trazos comúns:
 Oposición ás vellas formas.
 Procura de novos camiños expresivos
 Creación de técnicas novas (imaxes, colaxes, caligramas, etc., etc.).

FUTURISMO: Marinetti (1909)
Manifesto do futurismo
Reflectir o mundo moderno: exalta a velocidade, as máquinas, o perigo, a audacia.
Discurso esencial e libre.

CUBISMO: Guillaume Apollinaire
Pintura (Picasso): formas xeométricas; colase.
En literatura: caligramas (“pintar con palabras”).
Imaxes visuais (mediante a disposición tipográfica dos versos) e distorsións sintácticas para reflectir a libre reconstrución da realidad e.

CREACIONISMO: Vicente Huidobro
Eliminar o anecdótico e descritivo.
Carácter antinarrativo.
Antisentimentalismo.
Romper a secuencia temporal lóxica: instantaneísmo e simultaneísmo.
Humor e ironía.
Ortografía expresiva: caligramas, etc. .
-Presenta afinidades co Cubismo e coincide no esencial co Ultraísmo.

DADAÍSMO: Tristan Tzara (1916)
Negación de todo, revolta contra a sociedade e a cultura do momento.
Caos.

SURREALISMO: André Breton (1924)
Cuestiónase os valores establecidos e manifesta un forte compromiso político.
En literatura: escrita automática, humor, absurdo, elementos oníricos (= relativo ós soños).
En relación coas teorías de Freud.

AS VANGARDAS EN GALICIA
 Fonda renovación literaria, sobre todo, poética:
 O manifesto Máis Alá! (do poeta Manuel Antonio e o pintor Álvaro Cebreiro).
 Revistas (Alfar, Ronsel, Papel de Color, Cristal, Resol, Yunque).
 Pintura (Carlos Maside, Torres, Laxeiro, Seoane, Souto, Colmeiro).

A XERACIÓN DE 1925 

IMAXINISMO (HILOZOÍSMO):
Luís Amado Carballo:
-Proel -O galo
- Paisaxe humanizada.
+métrica sinxela.
Imaxes vangardistas

NEOTROBADORISMO
-Fermín Bouza Brey: Nao senlleira
-Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama ribeira.
Recupera as estruturas formais e mesmo temáticas da lírica medieval.

VANGARDISMO
- Álvaro Cunqueiro: Mar ao norde (~cubismo) / Poemas do si e do non (~surrealismo)
-Manuel Luís Acuña: Fírgoas
-Manuel Antonio: De catro a catro (~creacionismo). Asume as propostas dalgúns movementos de vangarda.



MANUEL ANTONIO: o poeta galego máis anovador PORQUE rompe co pasado poético galego e busca novas técnicas, por ex.: emprega o versolibrismo, anovadores efectos visuais para compoñer a páxina poética (é dicir, sangrados, caligramas, etc.), rompe coas coordenadas espazo-temporais usadas ata o momento e usa as diversas técnicas e novas implantadas polos distintos ismos das vangardas europeas (especialmente o ultraísmo e o creacionismo). Este autor é o exemplo galego máis claro da rebeldía futurista que proliferou en Europa nos primeiros anos do século XX.
O manifesto Máis Alá!, De catro a catro.

RAFAEL DIESTE: a renovación da prosa. Relatos: Dos arquivos do trasno, teatro: A fiestra valdeira. 


http://asvangardas.blogspot.com.es/

https://cadernodelingua.wordpress.com/2008/04/01/as-vangardas-artisticas/


MANS Á OBRA....

INTENTÁMOLO???…!!!


O obxectivo desta actividade céntrase en sintetizar os principais aspectos que caracterizan o movemento artístico de vangarda nas primeiras décadas do século  XX e ofrecer unha base sinxela e clara que nos permita comprender as actitudes e as formas do movemento artístico contemporáneo.

TAREFAS EN GRUPO

1. Realizar unha presentación que proporcione a información necesaria sobre as vangardas (definición, cronoloxía, principais movementos: orixe, manifestos, autores, exemplos de obras)

2. Explicación breve dos principais recursos creativos utilizados polos movementos de vangarda e creación de textos propios.

Grupo 1: Futurismo
·       Literatura vangardista: cadáver exquisito (aínda que usado tamén polos surrealistas):

-Página en inglés sobre el Futurismo: http://www.unknown.nu/futurism/

Grupo 2: Cubismo
·       Literatura vangardista: Caligramas.

Página oficial de Apollinaire. En francés: http://www.wiu.edu/Apollinaire/
Algunos caligramas de Apollinaire: http://www.ubu.com/historical/app/index.html

Grupo 3: Surrealismo
·       Literatura vangardista: Escritura automática.


Grupo 4: Dadaísmo
·       Literatura vangardista: poema dadaísta.


Grupo 5: Creacionismo
·       Literatura vangardista: greguerías

-Página sobre Ramón Gómez de la Serna, uno de los principales introductores de las Vanguardias en España: http://www.ramongomezdelaserna.net/

-Página homenaje a Ramón, con greguerías organizadas por temas: http://www.geocities.com/greguerias/
-Página sobre Vicente Huidobro, el otro gran introductor del Creacionismo en España: http://www.uchile.cl/cultura/huidobro/

Grupo 6: Ultraísmo
·       Literatura vangardista: linguaxes musicales (o “gíglico” e a “jitanjáfora”)
https://www.youtube.com/watch?v=c58RLkjA-3U

http://giglico.blogspot.com.es/2010/11/que-es-el-giglico.html
http://etimologias.dechile.net/?jitanja.fora
-Linguajes musicais: gíglico e jitanjáfora:

E, ademais, como enlace interesante para conseguir imaxes que ilustren a presentación ou traballo escrito, a seguiente páxina, que trata os movementos de vangarda desde o punto de vista da arte:
http://www.spanisharts.com/history/del_impres_s.XX/arte_sXX/vanguardias1/introdvanguard.html


TAREFA INDIVIDUAL

Valéndote do libro de texto, do blog de clase e destoutro blog: http://asvangardas.blogspot.com.es/, realiza un mapa mantal/ visual think sobre os diferentes movementos de VANGARDA e as súas características, autores representativos, obras… así como incluír un apartado no que consten as Vangardas en Galicia.

Podes facelo a man ou ordenador pero neste caso debes imprimilo e incluílo no teu caderno.

- O contido: nun mapa mental relacionamos ideas, non as explicamos.

- A selección: antes da elaborares o mapa cómpre que elixas os termos nos que se debe centrar a atención.


- A xerarquización: tes que ordenar os conceptos por orde de importancia ou inclusividade xa que deben estar dispostos indo do xeral ao particular.

- O impacto visual: unha vez que xa sabes o que queres que apareza e en que orde debes pensar na forma de representalo da forma máis simple e asemade atractiva (podes facelo en forma de visual thinking). 

- A presentación: agora xa estás en condicións de comezar coa elaboración definitiva do teu mapa, non esquezas que a orde e a limpeza son requisitos indispensables en calquera traballo académico.

miércoles, 21 de noviembre de 2018

XERACIÓN NÓS



XERACIÓN NÓS + AUTORES 

Formada polo chamado Cenáculo Ourensán, composto por Otero Pedrayo, Losada Diéguez, López Cuevillas e Vicente Risco, ao que logo se suma Castelao.
• Todos eles nacen arredor de 1885, en Ourense, teñen estudos universitarios, familias acomodadas, comparten o proxecto das Irmandades, colaboran no Seminario de Estudos Galegos e conflúen no Partido Galeguista.
•   Case todos os membros desta xeración explicaron a súa evolución ideolóxica: pasaron dunha actitude cosmopolita e individualista, afastada da realidade próxima (estaban vivin- do nas súas torres de marfil lendo autores europeos e intere- sados polas culturas máis arredadas e exóticas) a descubrir Galiza, facerse galeguistas e europeístas. 
• Dálles nome a revista ourensá Nós (1920-1936), na que Risco é director literario e Castelao director artístico.

• Nós é a publicación máis destacada deste período e nela, ao igual que no SEG, estúdase a cultura galega en todas as súas manifestacións dándolle cabida tanto a intelectuais galegos como europeos.
• A revista, vencellada ao pensamento nacionalista, pretendía normalizar o uso do idioma e elevalo dos usos orais á alta cultura. Mesmo a publicidade era maioritariamente en galego. Pretendeuse tamén que o seu deseño gráfico axudase a conseguir esa dignificación e a crear unha estética xenuinamente galega.
• Obxectivo: pór a cultura galega ao mesmo nivel das culturas europeas  e modernizando o discurso literario en todos os xéneros. Compártese a máxima do Partido Galeguista: Galiza, célula de universalidade” (lema no que a Xeración Nós resumiu a súa vocación europeísta e internacionalista)


ANTECEDENTES

(A partir min 20 aprox.)




A XERACIÓN NÓS (+ Risco e Otero Pedrayo)



CASTELAO