domingo, 12 de junio de 2016

MICRORRELATO

MARÍA FONSECA 3º ESO B
Puidemos querernos moito, máis do que dúas persoas se quixeron xamais.- Reclamoulle ela.- E, sen embargo, contentámonos con non odiarnos demasiado.
Descaradas bágoas loitaban con fiero aínco por desprenderse dos seus ollos, pero a súa mirada era firme, non había debilidade algunha, e el admirouna por iso, secretamente sempre o fixera.
-Pero segues aquí.- Recordoulle el.
-Non son un soldado- soltou ela- non quero selo, xa non. Son unha guerreira, non un soldado- repetía para sí mesma.- Só quería que o souberas.


E el creuna, que máis podía facer cando o estaba a mirar da maneira na que o facía?

Ambos dirixiron a vista á fronte, tímidas luces aparecían para substituír o día, pero ningún deles conseguiu distinguilas entre tanta escuridade.

----------

O abrasador lume, os imparables golpes, os inintelixibles berros...
Infinitas e lúcidas secuencias sucédense na miña mente.
O día apágase, agochándose veloz no horizonte, o absurdo impulso de perseguilo invádeme, pero eu non me movo, quedo estática, o meu rostro, impertérrito, limítome a ver pasar os coches e a xente, a envexa carcómeme, todos tan alleos, sempre con présa, sempre correndo, ninguén ten tempo para fixarse en min, tan inmóbil, tan fría. 
As luces empezan a prenderse, a cidade esperta coma cada noite mentres eu afogo na máis absoluta escuridade.
MARÍA FONSECA 3º ESO B