miércoles, 18 de abril de 2018

NOVA NARRATIVA GALEGA (NNG)

O espírito renovador que anima a actividade poética dos membros da “Xeración dos 50” é extensible tamén ao seu labor prosístico. A chamada “Nova Narrativa Galega” (NNG) é un conxunto de obras editadas entre fins dos 50 e comezos dos 70 que inauguran un novo xeito de narrar en contraposición ás fórmulas tradicionais, representadas no caso galego polas obras narrativas dos membros da Xeración Nós (Otero, Risco, Castelao) e dos seus continuadores (Carballo Calero, Ánxel Fole, Cunqueiro ou Neira Vilas).
A NNG supón unha asimilación consciente dunha serie de técnicas, temas e procesos fondamente renovadores utilizados na narrativa universal do século XX.


► INFLUENCIASCambios na narrativa a nivel mundial: Freud, James Joyce, Kafka, a técnica narrativa.


CARACTERÍSTICAS QUE PRESENTAN AS NOVELAS DA NOVA NARRATIVA GALEGA
● Fuxida da localización concreta dos espazos (aínda que é clara a preferencia por ambientes urbanos e non rurais), redución temporalcontestación da idea de argumento e negación da acción.
● Pluralidade de voces narrativas e alternancia de narradores homodiexéticos e heterodiexéticos. Focalización ás veces obxectualista (os obxectos pasan a adquirir autonomía e son case personaxes da obra) e abundante emprego da técnica do monólogo interior (exploración do subsconsciente, discurso mental non pronunciado). page1image19760
● Creación de mundos literarios artificiais e enigmáticos e fusión desacougante e inquietante de realidade e fantasía.
● Tratamento intensivo do tema do absurdo existencial, intentando producir un sentimento de angustia no lector. Esta narrativa manexa personaxes problemáticas, submidas en estados patolóxicos, na loucura e con personalidades desdobradas. Son figuras que non logran delimitar fielmente os límites entre soño e realidade.
● Presenza reiterada da violencia, da agresividade e da tensión nas relacións humanas. Os sexo e a morte son ideas obsesivas nestas novelas.
● Práctica da intertextualidade, con abundantes referencias literarias e culturais, uso de textos e fragmentos doutros autores, repetición de temas e motivos doutras obras (especialmente dos de Kafka). 


(a partir do min 14)



► PRINCIPAIS OBRAS E AUTORES DA NOVA NARRATIVA GALEGA
Por regra xeral acostuma indicarse como data fundacional 1956, ano en que se publica Memoria de Tains, de Gonzalo Rodríguez Mourullo. A data límite é máis borrosa: para algún péchase coa publicación en 1972 de Adiós, María, de Xohana Torres; para outros prolóngase aínda en novelas como Cara Times Square (1980), de Camilo Gonsar.

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN (Ourense, 1938)
-Percival e outras historias (1958)→ 14 relatos cun clima de misterio desembocando, ás veces, no terror. Literatura fantástica: o poder da imaxinación representada por Cunqueiro e particular recreación do mundo artúrico (nomes elexidos ao azar, onomástica irlandesa ou chinesa).
-O crepúsculo e as formigas (1961)→ realismo cru con personaxes tomados de prototipos reais e acontecementos que evolucionan cara a sorpresa final. Paso da fantasía á violencia. A morte como elemento da fin lóxica do ser humano.
-Arrabaldo do norte (1964)→ próxima á Noveau Roman francés. Métodos da NNG usados por Ferrín nesta obra: situación do ser humano como unha cousa entre as cousas, os personaxes non aparecen apenas caracterizados e son individuos anónimos e desarraigados do entorno; descrición pormenorizada dos obxectos, ambientes e lugares; desorde temporal.
Este libro e A orella no buraco, de Ma X. Queizán aproximan a literatura galega a unha liña de literatura europea, particularmente a francesa.
Estas tres obras anteriores son a aportación de Ferrín á Nova Narrativa Galega. 


Nos relatos de Ferrín aparecen:

1.- Máxima tensión dramática: clímax inicial cun desenlace sorprendente (non existe o nó na trama argumental).

2.- Constante xogo de voces narrativas.

3.- Campos semánticos: morte e loita entre a tebra e a luz.

4.- Personaxes pouco caracterizados, só a través de diálogos.


-Retorno a Tagen Ata (1971) → obriña alegórica de política-ficción onde se explica a aparición do nacionalismo revolucionario galego dos 70 e a súa ruptura co culturalismo piñeirista. Ten sido interpretada como unha novela en clave, un axuste de contas ideolóxico e xeracional onde o personaxe Ulm Roam encarna o piñeirismo e Rotbaf Luden, a heroína, a postura das novas xeracións nacionalistas. Tagen Ata simbolizaría a Galicia e Terra Ancha a España.

Trátase dunha novela de autoaprendizaxe onde os dous protagonistas perden a inocencia e se enfrontan á realidade do mal e da inxustiza.
-Elipses e outras historias (1974)→ constitúe unha visión aterradora da violencia institucional contra os rebeldes e os inconformistas. Está composto por sete relatos de temática coincidente co realismo social.

-Outras obras: Crónica de Nós (1980), é un conxunto de oito relatos que abordan o mundo das guerrillas dos anos 40, o ambiente universitario compostelán do tardo franquismo, etc. Amor de Artur (1982), recrea os mitos bretóns ou artúricos. Arnoia, Arnoia (1985), é un relato longo que narra as aventuras dun adolescente de dezasete anos, que desexa regresar á súa terra e para iso debe pasar unha serie de probas. Bretaña, Esmeraldina (1987), novela onde Ferrín volve ao tema da vida no cárcere e á represión política. Arraianos (1991), dez relatos ambientados na fronteira terrestre galego-portuguesa. No ventre do silencio (1999), retrato ideolóxico e social da Compostela dos anos 50, que o escritor coñeceu como estudante.

CARLOS CASARES (Ourense, 1941- Vigo, 2002) 
Distinguimos dous momentos na obra narrativa de Casares:

aUnha primeira etapa, definida pola renovación formal, con obras que terían como trazos comúns estar ambientadas na Galiza do franquismo, abundantes elementos autobiográfios e temas e recursos narrativos de grande modernidade (monólogo interior ). Os títulos representativos desta etapa serían:
Vento ferido (1967), é un conxunto de doce relatos de protagonistas adolescentes, formalmente caracterizados polo uso do monólogo interior e pola mestura de planos temporais. Tematicamente, os relatos están presididos pola violencia, o fatalismo, as relación humanas frustradas
Cambio en tres (1969), nesta novela, o narrador, Lisardo, fai n repaso á vida do seu amigo morto, Cachorro, obreiro e emigrante en Francia. A novela carece de acción propiamente dita, inclúe disposicións gráficas vangardistas e revela un evidente afán de experimentación técnica. É a súa novela máis experimental.
Xoguetes para un tempo perdido (1975), narra a experiencia vital do protagonista, Elías, desde a súa infancia e adolescencia ata a súa mocidade e madurez cando está a punto de morrer vítima dun estúpido accidente. Trátase dun texto cheo de elementos autobiográficos e que recrea o ambiente da posguerra franquista.

b) Unha segunda etapa, de abandono dos presupostos da Nova Narrativa. Trátase de obras ambientadas no pasado histórico, sen apenas presenza de elementos autobiográficos e que utilizan recursos máis próximos ao realismo tradicional. As obras que representan esta etapa son:
Os escuros soños de Clío (1979), doce relatos breves, baseados en textos apócrifos, que teñen como pano de fondo diversos momentos da historia galega. Son relatos moi lúdicos, en clave irónica e humorística.
Ilustrísima (1980), xira arredor da actitude dos sectores máis intransixentes da curia católica ata a chegada á cidade de Ourense dun proxector cinematográfico, na época da Restauración borbónica. O relato revela a pugna entre o fundamentalismo integrista católico e o talante progresista e racionañ do bispo, que resultará obrigado finalmente a ceder ás presións.
Os mortos daquel verán (1987), conta as circunstancias que rodean a morte dun boticario, Modesto Vilariño, no comezo da guerra civil os dez capítulos do libro constitúen unha especie de informe dun funcionario xudicial.
Deus sentado nun sillón azul (1996), reproduce o ambiente de Ourense da inmediata posguerra, constituíndo un alegato contra o fanatismo e a intolerancia.
O sol do verán (obra póstuma), a narradora, Helena, reconstrúe os distintos episodios do seu amor imposible con Carlos, afectada polo seu repentino suicidio, intentando descubrir as razóns da súa absurda morte.
page5image22720 page5image22880 page5image23040 page5image23200 page5image23360 page5image23520
MARÍA XOSÉ QUEIZÁN (Vigo, 1939)
Iniciouse literariamente con A orella no buraco (1965), típica novela obxectualista moi influencida pola noveau roman.céntrase na biografía dun emigrante fracasado que regresa a Galiza e finalmente morre.
A obra posterior de Queizán tomará outros derroteiros, abordando problemáticas sociais diversas desde unha perspectiva maracadamente progresista e feminista. Esta composta por títulos como Amantia (1984), ambientada na época de Prisciliano (s.IV); A semellanza (1988), que xira arredor da asunción problemática da hosexualidade por parte do seu protagonista; O segredo da pedra figueira (1989), libro de narrativa xuvenil; Amor de tango (1992), historia de tres irmás de mentalidade e intereses diferentes ambientada no Vigo republicano e o da inmediata posguerra; O solpór da cupletista (1995); a novela longa Ten o seu punto a fresca rosa (2000), protagonizada por tres mulleres no Vigo dos anos 70-80; ¡Sentinela, alerta! (2002), libro de relatos, temáticamente dominado pola tortura, inxustiza, violencia e destrución.


XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO (Nogueira de Ramuin, 1931)

Despregou unha notable actividade cultural e poética dentro do grupo Brais

Pinto. Ten unha escrita sinxela e directa, sen artificiosidade técnica.
Principais obras: inaugurou o xénero western na literatura galega coa obra A morte de Frank González (1975). En 1981 publica Corrupción e morte de Brigitt Bardot, melodrama protagonizado por unha vedette aspirante a artista de cine que en lugar do triunfo encontra no seu camino a droga, a pornografía e a morte; Co medo nas mans (1997), narrativa de terror na mesma orientación que as anteriores obras.
Máis próximos ás tendencias xerais da narrativa do posfranquismo estaría as obras: Morrer en Castrelo de Miño (1978); A saga dun afiador (1980) e A cidade das chuvias (1994).
Entremedias publicou A fraga dos paxaros salvaxes (1985); O minotauro (1989) e Agosto de 36, que supón o seu particular axuste de contas coa guerra civil mediante unha historia sinxela e cruel,típica na contrución de trama e personaxe, pero de enorme efectividade comunicativa.


Ademais destes escritores, outros autores importantes da Nova Narrativa Galega serían:
  • -  Xohán Casal, precursor do movemento cos relatos de O camiño de abaixo (1970).
  • -  Gonzalo Rodríguez Mourullo, autor de dúas obras: Nasce un árbore (1954) e Memoria de Tains (1956), a crítica é unánime á hora de considerar este libro un dos cumios da NNG.
  • -  Camilo González Suárez-Llanos, é autor de obras como Lonxe de nós e dentro (1961) ou Cara Times Square (1980) (asinado co pseudónimo de Camilo Gonsar).
  • -  Xohana Torres, a súa obra máis significativa é Adiós, María ((1970) novela iniciática que aborda a problemática da integración dunha familia de procedencia rural no mundo urbano dunha cidade na Galiza dos anos 60. Utiliza técnicas innovodoras como o monólogo interior ou o tempo subxectivo .

    O XOGO DA GUERRA (Vento ferido, Carlos Casares)



    “O xogo da guerra”
    Botaron a sortes e tocoume a min. Eu penso que fixeron trampa, pero calei. Díxome o Rata: "Vai". Eu non quería ir, digo a verdade. Pero cando o Rata dicía vai, había que ir. O Rata estaba tolo, segundo a miña nai. Pero eu penso que non estaba tolo, que era atravesado e de mala lei. "Vai", dixo outra vez. E fun. A casa de don Domingo quedaba lonxe. Algo asó como a dous quilómetros. Tiven que dar un rodeo para non pasar por diante da zapatería do meu pai. Pensei:"escapo para a casa e xa está". Pero collín medo. Ademais ía calor e na casa no verán non se para coas moscas. Cheguei ao chalé de don Domingo e berrei: -¡Zalo...!
    Ladraron os cans. Agardei un pouco e volvín chamar:
    -¡Zalo..!
    Cando apareceu, de seguida me dei conta de que viña de durmir a sesta. Díxome: "¿Que pasa!? Eu díxenlle: "O Rata agárdate no río. Cazou unha bolboreta moi bonita. Di que vaias, que cha dá para a coleción". O Zalo era tolo polas bolboretas. E o Rata, que cabrón, cómo lle sabía dar co gusto á xente. -¿Onde está o Rata? -No campo da Bomba. Saímos correndo. Cando chegamos, o Rata estaba bañandose no río. Ao nos ver, saíu. Mirou ao Zalo con cara de atravesado e díxolle: "Hola, "¿Queres a bolboreta?". O Zalo volveuse cara a min como preguntando. A verdade, eu non quería. O Rata asubiou e entre todos botáronse ao Zalo. Espírono e atárono a un amieiro. O Zalo choraba e a min déronme ganas de chorar. Eso non se lle fai a ninguén e menos a traición. O Rata chuspiulle alí, naquel sitio, e chamoulle caguetas. "Non se chora", dixo. Despois colleu un vimbio e pasoullo polas pernas o pola barriga sen lle dar. Botamos a sortes e tocoume a min. Quixen fuxir ou tirarme ao río, pero o Rata miroume así, como mira el, e collín o vimbio. "Veña"- Díxenlle que non. "Mira, Rafael, que te imos atar a ti". "Non", "Mira Rafael, que non me enchas". "Mira Rafael..." Pola voz souben que me ía dicir o da miña nai. Agarrei o vimbio e funme cara ó Zalo. Eu non quería, ben o sabe Deus. E deille no pescozo. Os outros berraron: "¡Máis!" E eu non vía. E
    daba. E sentía o sol dentro da cabeza e os chíidos do Zalo, que se me espetaban nos ouvidos. E daba. "¡Máis!" Doíame o brazo de tanto subir e baixar. "¡Máis!" Cando mirei para o Zalo gañei medo. Sangraba por todas partes e comíano as moscas. Estaba como morto. Non falaba. O Rata e os outros fuxiron. Eu tamén fuxín. Eu non quería, digo a verdade. Díxenllo a aquel señor, pero non me fixeron caso. Tamén lle dixen que fora por sortes, que em tocara a min. Pero non me escoitou. Faloume do inferno e entón calei.
    Agora estou neste colexio. Aquí levo un ano. É primavera e non podo saír. Ao mellor saio para xuño. Onte leváronme á sala de castigos. Din que non se pode andar sós, que hai que xogar. Tampouco se pode andar de dous an dous. A puta que os pariu a todos. Eu quero andar só para pensar. A min non me gusta xogar ao fútbol nin ao frontón. Gústame xogar no labavo. E non se pode. Está prohibido. Pero polas noites, cando todos dormen, érgome e vou aos lavabos e xogo á guerra. Pollo día collo moscas e gárdoas nunha caixa de mistos. Pola noite meto as moscas na pileta e ábrolle á billa, pouquiño a pouco, paseniño. As moscas soben, foxen pola pileta enriba, pero eu doulles para abaixo cunha paliña e afogan. É a guerra. Un día colléronme e leváronme á sala de castigos. E chamáronme marrán por andar coas moscas nas mans. ¿E que? Se non fose pola guerra, podrecía de noxo. No inverno, como non había moscas, xogaba cos cachiños de papel, pero non é tan bonito.
    Para xullo din que saio. O Rata, ao mellor, pensa que me esquecín. Estache bon. Estache bon. Heino arranxar ben arranxado. El ha pensar que somos amigos. Estache bon ¡Ai, Rata! “¿Vés ao río?” El vén, que lle gusta moito. “¿Xogamos aos submarinos?” El xoga, que lle gusta moito xogar aos submarinos. Primeiro paso eu. Paso dúas ou tres veces. Despois que pase el. Eu escarránchome e el pasa por debaixo da auga entre as miñas pernas. E así dúas ou tres veces, para que se confíe. Pouquiño a pouco. Paseniño. E entón, hala, cando pase, pecho as pernas e queda preso polo pescozo. Pouquiño a pouco. Paseñino. Como as moscas da pileta.
    Carlos Casares, Vento ferido (1967)
    page1image45352

    1. Tema e argumento.
    2. Narrador e personaxes (principais e secundarios: características físicas e psicolóxicas). 
    3. Estrutura
    4. Tempo e espazo.
    5. Sinala as características da Nova Narrativa que aparecen neste texto.
    O SUSO 

No hay comentarios:

Publicar un comentario