SOCIOLINGÜÍSTICA

CUESTIÓNS PREVIAS –INDIVIDUAIS-
-  Que lingua falas? Por que? Que representa para ti o galego? fálalo algunha vez?, cando?, con quen?, en que situacións?
-  Por que pensas que moitos mozos e mozas falan ou falades castelán en lugar de galego?
-  Pensas que hai conflito lingüístico en Galicia?
-  Como ves o futuro no que respecta á lingua galega?
- En que lingua pensas que falarás cando sexas adulto? En que lingua lles falarás aos teus fillos? Por que?
-  Agora investiga na túa familia: pais, avós, tíos etc. Que lingua falan? Empregan a mesma lingua en todas as situacións?
- Pensas que é posible comezar a falar unha lingua nova en todos os ámbitos da vida ou, polo menos, nalgúns?
- Paréceche que en Galicia pode ser un esforzo falar galego? E castelán? Xustifica as túas respostas.
-  Cres que a xente de fóra que vén a Galicia debe aprender galego? Por que?

TRABALLO DE GRUPO: Non se trata de contestar a todas as preguntas, senón de realizar un INFORME ARGUMENTADO sobre a situación lingüística en Galicia. É unha tarefa moi interesante. Ánimo!!!

CUESTIÓNS PREVIAS –INTRODUCIÓN
Busca información sobre Marín: número de habitantes, incremento ou diminución poboacional entre os últimos censos, idade da poboación, sectores profesionais predominantes, lingua de uso maioritaria, lingua de uso en función da idade etc. (datos demográficos e lingüísticos). Compara o uso do galego  de Marín co de Galicia no seu conxunto e se é posible realiza unha gráfica. En proporción, fálase máis ou menos? Intenta explicar as causas.

I.- O GALEGO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
A. Medios de comunicación escrita (xornais e revistas).
 Que periódicos hai en galego? E revistas? Descubriches xornais ou revistas que non coñecías? (Investiga na rede) Cales?
Adecúanse as súas temáticas ás túas inquietudes? Por que?
Por último, que autores de banda deseñada en galego coñeces?
Este xénero é moi abundante na nosa lingua e, ademais, de gran calidade. Consulta as seguintes páxinas e comprobaralo. Pode que, por descoñecemento, estiveses perdendo a oportunidade de rir “a cachón”. Pero estás a tempo de remedialo.
http://www.culturagalega.org/bd/             http://kikodasilva.blogspot.com/                        http://revistaretranca.blogspot.com/                           http://www.xosetomas.es/                                    http://www.bdbanda.com/

B) Medios de comunicación audiovisuais (radio e televisión).
Á parte da CRTVG, coñeces outras radios ou televisións que emitan en galego? Cales?
Que programas ves ti frecuentemente?
Cales son os programas estrela da TVG? A que tipo de público van dirixidos maioritariamente?
Pensas que contribúe a reforzar os estereotipos e prexuízos existentes cara ao galego ou ben que axuda a combatelos? Xustifica a resposta.
Tras revisar a programación da TVG, descubriches algúns programas que non coñecías e que che poden resultar interesantes (aínda que quizais non sexan dos que teñen máis audiencia)?

C) Internet.
Infórmate, en primeiro lugar, da porcentaxe de presenza na rede das seguintes linguas: galego, inglés, portugués, castelán, alemán etc. Reflexiona sobre as causas deste feito.
Cantos blogues en lingua galega pensas que existen? Investiga
Navega por algún blogues na busca daqueles que máis se adecúen aos teus intereses, gustos e inquietudes. Fai unha selección  dos 10 que máis che interesen. Xustifícao.

D) Persoeiros.
Coñecedes persoeiros galegos que falen en galego, como deportistas, cantantes, actores, presentadores de televisión, debuxantes de cómic etc., aínda que non sexan tan “mediáticos” coma Jesús Vázquez ou Paula Vázquez. Intentade elaborar unha lista o máis exhaustiva posible.
En canto ao teu contorno máis inmediato, que persoas coñecidas poderían converterse en símbolos de uso da lingua por ser total ou parcialmente galegofalantes?

II. Música
a) Proba musical: elabora unha lista cos cantantes ou grupos musicais en galego que coñezas. Que estilo predomina?
b) Compartes as seguintes opinións? Xustifícao
“1.—Música por ejemplo, música en gallego para juventud apenas hay”.
“2.—O que hai máis ou menos son cancións ou xa moi moi vellas ou gaitas”.
“3.—Despois tamén estamos oíndo sempre música en castellano. É o que oes por aí, nas emisoras así máis importantes pois claro é todo en castellano”.
“4.—A música que escoitamos é de procedencia anglosaxona, co cal todo é inglés”.
c) Agora, coa axuda de internet, busca grupos musicais en galego de cada un dos seguintes estilos: rock, hip-hop, tradicional, tecno, folk, cantautor, infantil etc. Escoita algunha mostra da súa música e coméntaa. Fíxate tanto no contido das letras coma na música.
e) Descubriches grupos novos? Cales?

III. Neofalantes
a) Estás de acordo coas seguintes opinións? Xustifícao
 “1.—Hai aínda moita xente que pensa que o galego solo o falan a xente que vén do monte ou os que se cren moi intelectualillos”.
“2.—Que eres do monte, que eres cerrado, que eres un nacionalista”.
“3.—Pero non ten que ver, porque hai moita xente que fala galego e non por eso é máis do bloque ou é tan nacionalista”.

b) Exercicio de práctica persoal: Atréveste a pasar un día enteiro falando galego? Leváo á práctica e apunta as principais dificultades que che supuxo este cambio de lingua, así como as distintas reaccións da xente do contorno (familia, amigos, compañeiros de clase, profesores etc.). Reflexiona sobre as dificultades que implica calquera cambio de lingua. Parécenche insalvables?
Elabora unha lista do que debemos facer se a nosa intención é animar a xente que empeza a falar en galego.


IV. Variedades lingüísticas
a) Revisa a túa historia lingüística.
 Que axentes consideras que constitúen os teus referentes lingüísticos na aprendizaxe do castelán? E do galego?
b) Co fin de acadar ese obxectivo, que presenza pensas que debe ter a lingua galega nos distintos niveis?

V. O galego normativo
a)  Cal é a lingua maioritaria en Galicia?
b)  Que lingua é a maioritaria en Marín (Pontevedra)? Por que?
c)  Cantas veces se modificou a normativa galega desde 1982? En que anos?
d) Define, coa axuda do dicionario, enciclopedia,...  os seguintes conceptos:
Castrapo:                  Galego cerrado:                       Variedade normativa ou estándar:        Neofalante:                     Normativización:                      
Normalización lingüística:                           Bilingüismo:                                                              Diglosia:                        Plurilingüismo:
Lingua maioritaria                                           Lingua minoritaria                                    Lingua minorizada

VI. O futuro depende de min?
-       Que inconvenientes supón para ti vivir nunha comunidade bilingüe? E que vantaxes?
-       Cal sería, na túa opinión, a situación lingüística ideal, cara ao futuro?
-       E o futuro do galego en concreto, como o ves?
-       Que che parece máis importante para que un idioma se manteña vivo?
-       En que medida a responsabilidade é da xente e en que medida das institucións?

VII. As linguas no mercado laboral
Reflexiona sobre o papel da lingua no ámbito laboral:
a)  Que vantaxes ou inconvenientes pode implicar o dominio de varias linguas á hora de acceder ao mercado laboral?
b)  E no caso do galego, pensas que o seu coñecemento pode axudarche a atopar traballo?

VIII. Bilingüismo e plurilingüismo
a) O galego é a lingua con menor número de falantes de Europa?
b) En Europa, a maioría dos estados son monolingües
?
c) Hoxe en día, o inglés é unha lingua internacional? Por que?
d) Sabes que en España se falan 7 linguas? Poderías citar cales son?
e) Cantos estados hai en Europa? Cantas linguas se falan aproximadamente en Europa? E no mundo?

IX. EN GALEGO. XA! SI!
 Busca en internet campañas publicitarias a favor do uso do galego, promovidas por diferentes axentes: institucións, concellos, sector comercial e empresarial, organizacións e asociacións. Pon exemplos. En que ámbitos concretos se centran? Que repercusión tiveron?
 É posíbel vivir en galego? Falalo sen trabas, relacionarse, ver o mundo, traballar, ser atendidos na nosa lingua?
 No camiño da normalización (algúns exemplos)
Medios de comunicación: iniciativa Vitaminas para o galegoEmisoras municipais,CRTVG

X. TOCA SER CREATIVOS!!!!
 Agora tócavos a vós: inventade os vosos propios slogans, canción, spot publicitario…  para animar a xente nova a falar galego. Ha ser audiovisual.  


ACTIVIDADES INTERACTIVAS
SOCIOLINGÜÍSTICA 
 
Principais fenómenos das linguas en contacto from xanocebreiro on Vimeo.


GALEGO, LINGUA MINORITARIA? 
LINGUAS MINORITARIAS EUROPEAS  
ESCOLA DAS AREAS está baseado nun texto de Frei Martín Sarmiento. Frei Martín Sarmiento vén a Pontevedra para buscar un remedio para a variola. Alí discute cun mestre sobre a necesidade de lles ensinar aos nenos o galego. Para demostrar a súa tese en favor do noso idioma, Sarmiento aposta que pode ensinarlle a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días co seu propio método educativo


PREXUÍZOS
1. Como mostran os nenos e nenas negros as súas actitudes racistas?
2. Cando se fixeron os dous experimentos que permitiron percibir esas actitudes? Hai moitas diferenzas entre os resultados de cada un deles?
3. Que terán que ver eses resultados coas declaracións de Marta enGran Hermano?
4. Escribe as ideas expostas por Marta que non che parezan aceptábeis e indica por que.


Plurilingüismo

Tres exemplos ben diferentes de Estados plurilingües en Europa: o suízo, o español e o francés.
1. No primeiro caso, existe un plurilingüismo estatal igualitario, pois conviven en Suíza varias linguas con oficialidade en todo o territorio. O mesmo que acontece noutros estados, como Finlandia.
2. No caso español, o recoñecemento das linguas distintas do castelán é territorial. Ou sexa, recoñecemento limitado ás comunidades das que son linguas propias. Ademais:
  • a cooficialidade do galego, catalán e éuscaro non supón que teñan igual categoría legal có castelán (a Constitución impón o deber de coñecelo).
  • non se ten en conta o feito de que os territorios lingüísticos non coinciden coas fronteiras políticas: por exemplo, hai falantes de galego en Asturias e Castela e León, e estes están totalmente desprotexidos.
  • o asturiano e o aragonés non son oficiais, comportándose aí España como aqueles estados que non recoñecen nin defenden o plurilingüismo (como Francia).
3. En Francia, a diversidade lingüística (bretón, galés, alsaciano, éuscaro, catalán, corso, occitano) non se recoñece legalmente, pois o francés é a única lingua oficial do Estado.

Para o ámbito da educación, máis información, aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario