O Teatro da Oprimida é unha tendencia teatral creada polo dramaturgo, actor, director e pedagogo teatral brasileiro Augusto Boal (1931-2009) nos anos 1960. Trátase do teatro das clases oprimidas e para os oprimidos, para desenvolver unha loita contra estruturas opresoras.
O Teatro da Oprimida xoga cun conxunto de exercicios, xogos e técnicas teatrais que serven como instrumento eficaz na comprensión e a procura de alternativas para problemas sociais e interpersoais. O seu obxectivo é transformar ao espectador/a en protagonista da acción dramática, estimulándoo a reflexionar sobre o pasado, transformar a realidade no presente e inventar un futuro , segundo Augusto Boal, o seu creador. Así, as técnicas comprenden xogos e dinámicas múltiples para posteriormente analizar as opresións e relacións de poder e así poder combatelas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario