XERACIÓN NÓS + AUTORES
Formada polo chamado “Cenáculo Ourensán”, composto por Otero Pedrayo, Losada Diéguez, López Cuevillas e Vicente Risco, ao que logo se suma Castelao.
• Todos
eles nacen arredor de 1885, en Ourense, teñen estudos universitarios, familias acomodadas, comparten o proxecto
das Irmandades, colaboran no Seminario de Estudos
Galegos
e conflúen no Partido Galeguista.
• Case todos os membros desta xeración explicaron a súa
evolución ideolóxica: pasaron dunha actitude cosmopolita e
individualista, afastada da realidade próxima (estaban vivin-
do nas súas torres de marfil lendo autores europeos e intere-
sados polas culturas máis arredadas e exóticas) a descubrir
Galiza, facerse galeguistas e europeístas.
• Dálles nome a revista ourensá Nós
(1920-1936), na que Risco é director literario e Castelao
director artístico.
• Nós
é a publicación máis destacada deste período e nela, ao igual que no SEG, estúdase
a cultura galega en todas as súas manifestacións dándolle cabida tanto a intelectuais galegos como europeos.
• A revista, vencellada ao pensamento nacionalista, pretendía normalizar o uso do idioma e elevalo dos usos orais á alta cultura. Mesmo a publicidade era maioritariamente en galego. Pretendeuse tamén que o seu deseño gráfico axudase a conseguir esa dignificación e a crear unha estética xenuinamente galega.
• Obxectivo: pór a cultura galega ao
mesmo
nivel das culturas europeas e modernizando o
discurso literario en todos os xéneros. Compártese a máxima do Partido Galeguista:
“Galiza, célula de universalidade” (lema no que a Xeración Nós resumiu a súa vocación europeísta e internacionalista)
(A partir min 20 aprox.)
A XERACIÓN NÓS (+ Risco e Otero Pedrayo)
CASTELAO
No hay comentarios:
Publicar un comentario