domingo, 3 de febrero de 2019

NARRATIVA GALEGA DE POSGUERRA

Este período literario aparece fondamente marcado pola Guerra Civil e as consecuencias políticas e sociais que dela se derivaron.

- Grande represión cultural e lingüística durante a ditadura franquista en Galiza, que provoca o exilio de numerosos intelectuais   comprometidos co nacionalismo, o republicanismo ou simplemente coa democracia.
- Ante a práctica imposibilidade de publicar en galego até a década dos 50 no noso país, cobra unha vital importancia a actividade cultural do exilio.
- O exilio galego conta cunha peculiaridade importante: a existencia dunha infraestrutura asociativa estable en moitos países   de Latinoamérica creada por intelectuais que xa vivían na emigración antes da irrupción da Ditadura.
- En consecuencia, a práctica totalidade do exilio galego diríxese   cara a eses países do continente americano.
- Desenvolvemento da literatura comprometida, integrada con correntes máis amplas da época: existencialismo, marxismo, pacifismo.

A partir dos anos 50 e 60 reactívase a actividade literaria, social e política en Galiza.
Prodúcese un importante movemento de renovación da expresión   formal e da temática da narrativa.

LIÑAS TEMÁTICAS DA NARRATIVA (1936-1976)


Continuadores da xeración Nós: novela de carácter máis tradicional,   seguindo o modelo de Otero Pedrayo
  R. CARVALHO CALERO: A xente da barreira (1950)


Realismo popular, etnográfico: narrativa breve, baseada nas lendas   populares
  ÁNXEL FOLE: Á lus do candil(1952)


Realismo social: intención de denuncia, crítica e análise da sociedade
  E. BLANCO AMOR: A esmorga (1959).
A ESMORGA

A ESMORGA_COLOQUIO



 X. NEIRA VILAS: Memorias   dun neno labrego (1962)

Realismo fantástico: elementos populares extraídos da realidade,   mesturados con outros de carácter fantástico
  ÁLVARO CUNQUEIRO: Merlín e familia (1955)

Nova Narrativa Galega: proxecto rupturista, renovador, tanto a ni-  vel temático como formal, seguindo as tendencias europeas
  X. L. MÉNDEZ FERRÍN: O crepúsculo e as formigas (1961)



No hay comentarios:

Publicar un comentario