Renovación RADICAL das linguaxes de todas as expresións culturais.
ORIXE:
Naceron como resposta á fonda crise das artes que se deu naqueles anos.
Pretenden reflectir as novas formas de vida moderna.
Vontade de explorar novos camiños.
Difusión das ideas a través de MANIFESTOS.
Movementos diferentes / PERO trazos comúns:
Oposición ás vellas formas.
Procura de novos camiños expresivos
Creación de técnicas novas (imaxes, colaxes, caligramas, etc., etc.).
FUTURISMO: Marinetti (1909)
Manifesto do futurismo
Reflectir o mundo moderno: exalta a velocidade, as máquinas, o perigo, a audacia.
Discurso esencial e libre.
CUBISMO: Guillaume Apollinaire
Pintura (Picasso): formas xeométricas; colase.
En literatura: caligramas (“pintar con palabras”).
Imaxes visuais (mediante a disposición tipográfica dos versos) e distorsións sintácticas para reflectir a libre reconstrución da realidad e.
CREACIONISMO: Vicente Huidobro
Eliminar o anecdótico e descritivo.
Carácter antinarrativo.
Antisentimentalismo.
Romper a secuencia temporal lóxica: instantaneísmo e simultaneísmo.
Humor e ironía.
Ortografía expresiva: caligramas, etc. .
-Presenta afinidades co Cubismo e coincide no esencial co Ultraísmo.
DADAÍSMO: Tristan Tzara (1916)
Negación de todo, revolta contra a sociedade e a cultura do momento.
Caos.
SURREALISMO: André Breton (1924)
Cuestiónase os valores establecidos e manifesta un forte compromiso político.
En literatura: escrita automática, humor, absurdo, elementos oníricos (= relativo ós soños).
En relación coas teorías de Freud.
AS VANGARDAS EN GALICIA
Fonda renovación literaria, sobre todo, poética:
O manifesto Máis Alá! (do poeta Manuel Antonio e o pintor Álvaro Cebreiro).
Revistas (Alfar, Ronsel, Papel de Color, Cristal, Resol, Yunque).
Pintura (Carlos Maside, Torres, Laxeiro, Seoane, Souto, Colmeiro).
A XERACIÓN DE 1925
IMAXINISMO (HILOZOÍSMO):
Luís Amado Carballo:
-Proel -O galo
- Paisaxe humanizada.
+métrica sinxela.
Imaxes vangardistas
NEOTROBADORISMO
-Fermín Bouza Brey: Nao senlleira
-Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama ribeira.
Recupera as estruturas formais e mesmo temáticas da lírica medieval.
VANGARDISMO
- Álvaro Cunqueiro: Mar ao norde (~cubismo) / Poemas do si e do non (~surrealismo)
-Manuel Luís Acuña: Fírgoas
-Manuel Antonio: De catro a catro (~creacionismo). Asume as propostas dalgúns movementos de vangarda.
MANUEL ANTONIO: o poeta galego máis anovador PORQUE rompe co pasado poético galego e busca
novas técnicas, por ex.: emprega o versolibrismo, anovadores efectos visuais para compoñer a páxina poética (é dicir, sangrados, caligramas, etc.), rompe coas coordenadas espazo-temporais usadas ata o momento e usa as diversas técnicas e
novas implantadas polos distintos ismos das vangardas europeas (especialmente o ultraísmo e o creacionismo). Este autor é o
exemplo galego máis claro da rebeldía futurista que proliferou en Europa nos primeiros anos do século XX.
O manifesto Máis Alá!, De catro a catro.
RAFAEL DIESTE: a renovación da prosa. Relatos: Dos arquivos do trasno, teatro: A fiestra valdeira.
O manifesto Máis Alá!, De catro a catro.
RAFAEL DIESTE: a renovación da prosa. Relatos: Dos arquivos do trasno, teatro: A fiestra valdeira.
http://asvangardas.blogspot.com.es/
https://cadernodelingua.wordpress.com/2008/04/01/as-vangardas-artisticas/
MANS Á OBRA....
INTENTÁMOLO???…!!!
O obxectivo desta actividade céntrase en sintetizar os principais aspectos
que caracterizan o movemento artístico de vangarda nas primeiras décadas do
século XX e ofrecer unha base sinxela e
clara que nos permita comprender as actitudes e as formas do movemento
artístico contemporáneo.
TAREFAS EN GRUPO
1. Realizar unha presentación que proporcione a información necesaria sobre as vangardas (definición, cronoloxía, principais movementos: orixe, manifestos, autores, exemplos de obras)
2. Explicación breve dos principais
recursos creativos utilizados polos movementos de vangarda e creación de textos propios.
Grupo 1: Futurismo
· Literatura vangardista: cadáver
exquisito (aínda que usado tamén polos
surrealistas):
-Página en inglés sobre el Futurismo: http://www.unknown.nu/futurism/
Grupo 2: Cubismo
· Literatura vangardista: Caligramas.
Página
oficial de Apollinaire. En francés: http://www.wiu.edu/Apollinaire/
Algunos caligramas de Apollinaire: http://www.ubu.com/historical/app/index.html
Grupo 3: Surrealismo
· Literatura vangardista: Escritura
automática.
Grupo 4: Dadaísmo
· Literatura vangardista: poema dadaísta.
Grupo 5: Creacionismo
· Literatura vangardista: greguerías
-Página
sobre Ramón Gómez de la Serna, uno de los principales introductores de las Vanguardias en España: http://www.ramongomezdelaserna.net/
-Página
homenaje a Ramón, con greguerías organizadas por temas: http://www.geocities.com/greguerias/
-Página
sobre Vicente Huidobro, el otro gran introductor del Creacionismo en España: http://www.uchile.cl/cultura/huidobro/
Grupo 6: Ultraísmo
· Literatura vangardista: linguaxes musicales (o “gíglico” e a “jitanjáfora”)
https://www.youtube.com/watch?v=c58RLkjA-3U
http://giglico.blogspot.com.es/2010/11/que-es-el-giglico.html
http://etimologias.dechile.net/?jitanja.fora
-Linguajes musicais: gíglico e jitanjáfora:
E, ademais, como enlace interesante para
conseguir imaxes que ilustren a presentación ou traballo escrito, a seguiente páxina,
que trata os movementos de vangarda desde o punto de vista da arte:
http://www.spanisharts.com/history/del_impres_s.XX/arte_sXX/vanguardias1/introdvanguard.html
TAREFA INDIVIDUAL
Valéndote do libro de texto, do blog de clase e destoutro blog: http://asvangardas.blogspot.com.es/, realiza un mapa mantal/ visual think sobre os diferentes movementos de VANGARDA e as súas características, autores representativos, obras… así como incluír un apartado no que consten as Vangardas en Galicia.
Podes facelo a man ou ordenador pero neste caso debes imprimilo e incluílo no teu caderno.
- O contido: nun mapa mental relacionamos ideas, non as explicamos.
- A selección: antes da elaborares o mapa cómpre que elixas os termos nos que se debe centrar a atención.
- A xerarquización: tes que ordenar os conceptos por orde de importancia ou inclusividade xa que deben estar dispostos indo do xeral ao particular.
- O impacto visual: unha vez que xa sabes o que queres que apareza e en que orde debes pensar na forma de representalo da forma máis simple e asemade atractiva (podes facelo en forma de visual thinking).
- A presentación: agora xa estás en condicións de comezar coa elaboración definitiva do teu mapa, non esquezas que a orde e a limpeza son requisitos indispensables en calquera traballo académico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario