Unidade e variantes do galego |
Todas as linguas teñen distintas formas de falarse: unha estudante, un mariñeiro e unha médica, falando galego, falan os tres unha mesma lingua mais non falan os tres igual. Cada persoa utiliza palabras, expresións e formas de pronunciar diversas. Quen cres que usará con maior frecuencia expresións como "tocar fondo", "navegar contra corrente" ou "dar bandazos"? Quen terá como habituais na súa lingua termos do estilo de "molar", "guapo" (no sentido de bo) ou "malote"? E quen cres que en lugar de dicir "ter gases" pode usar a expresión "sufrir de meteorismo"?.
Ás distintas maneiras de falar unha mesma lingua chamámoslles variedades ou variantes lingüísticas e débense a diversos factores ou causas:
- a época histórica: por exemplo, na actualidade non se fala o galego igual que na Idade Media ou hai 200 anos.
- o lugar: non se fala o mesmo, poñamos por caso, en Ourense (onde se di por exemplo irmao ou luz) ca en Vigo (onde esas mesmas palabras se pronuncian irmán e lus)
- os estudos e a profesión da persoa que fala: unha persoa sen formación académica ou unha con formación.
- a utilización concreta que se fai da lingua, é dicir, con quen falamos e para que o facemos: non falamos exactamente o mesmo cando nos diriximos aos colegas no patio de recreo ca cando o facemos na clase diante dunha profesora ou cando lle pedimos algo aos pais.
Esas distintas maneiras de falar non son incorrectas; ao contrario, non sería normal que todos falásemos igual en todas as circunstancias.
En resumo, as variedades dunha lingua son as seguintes:
diacrónicas ou históricas | as que dependen do período da historia |
diatópicas ou dialectos | as que teñen que ver co lugar xeográfico onde se fala a lingua |
diastráticas ou niveis | as que se deben á formación e profesión da persoa que fala |
diafásicas ou rexistros | as que se orixinan pola utilización concreta que facemos da lingua. |
Actividade
Aquí tes dous pequeniños exercicios para axudarche a lembrar o que acabas de ler.
Esta curta é un bo exemplo de que a falta de dominio dunha variedade lingüística ás veces convértese nunha verdadeira barreira para a comunicación humana.
ACTIVIDADES VARIEDADES
Os rexistros
As variedades contextuais ou rexistros son debidos a diversas causas; entre outras, ás seguintes:
- a relación entre as persoas que falan: dúas persoas amigas falan entre si de xeito distinto a como o farían se estivesen entre xente descoñecida; se falamos na casa, cos nosos familiares directos, non o facemos igual ca se estamos na consulta do médico ou no despacho da directora.
- o tema de que se fala: segundo sexa o tema usamos distintas palabras máis precisas ou máis xenéricas; se falamos dunha dor que temos no ventre diremos que nos doe a "barriga"; pola contra nunha lección de ciencias sobre o corpo humano falaremos de "abdome".
- o uso da lingua oral ou da lingua escrita: esta adoita ser máis coidada e elaborada que a lingua oral, máis espontánea.
Tendo en conta estes e outros factores distinguimos dous rexistros:
Formal | Coloquial ou Informal |
Pronuncia máis coidada | Pronuncia máis espontánea, por exemplo con supresión de fonemas: en lugar de "para" úsase pa; en lugar de imos para adiante > imos pa diante. |
Vocabulario preciso e variado
Uso de termos técnicos
|
Léxico menos variado.
Uso frecuente de frases feitas
Uso de palabras "comodín", é dicir, que adquiren diversos significados segundo o caso: cousa, chisme, aquelar...
|
Pronunciación de acordo coa lingua común ou estándar | Pronunciacións e formas dialectais: seseo, formas rematadas en -ao en palabras como irmao etc. |
Emprégase nas clases, nos medios de comunicación, en moitos traballos etc. | Úsase nas conversas de familia e de amizade; en xeral, cando se fala con persoas de confianza e en grupos reducidos. |
Lembra: debes saber alternar os dous rexistros segundo a situación na que esteas.
Actividade de lectura 1
Fun tamén violinista. Non, muller, non tocaba. Eu só amagaba nun anuncio de televisión. E ainda che cobrei bastante por non facer nada! Porque a min, a min o que me gusta é rascar a barriga. Aqui parezo moi aplicado pero eu, bah, se puidera non traballar. Traballar moito non é bo para o corpo. Dígocho eu. Pedín a baixa permanente pola urticaria e case me botan fóra da mutua por desvergonzado. Ai, que mal lle pareceu, que mal lle pareceu, non me quero acordar... Para que vira que son boa persoa expliqueille que era voluntario de Protección Civil. Vaia, só para o fútbol e para os concertos de verán. Pasas de balde! Ás veces dan un bocata e coñeces xente. Fuches ao concerto de Fito & Fitipaldis? Soldadito marinero, conociste a una sireeeeenaaaaa.
Rosa Aneiros: Ás de bolboreta (adaptación)
Despois de leres atentamente o texto anterior e anotares no teu caderno as palabras que non coñezas co seu significado, usando o dicionario, debes explicar se consideras que este texto é dun rexistro formal ou coloquial. No botón seguinte podes ver unha serie de preguntas que poden valerche de axuda para a resposta. Podes comezar por respondelas.
Actividade de lectura 2
"HOUBO entre os beduínos de Arabia un gran señor, un sayyid, que salientou pola súa bondade e pola súa xenerosidade. O home, que gobernaba a tribo dos Banû 'Amir, era respectado como un califa entre os seus. Malia a súa riqueza, non lograba ser feliz porque había algo do que se sentia privado: desexaba un filio herdeiro que perpetuase a súa estirpe. Logo de moitos rogos, Alá satisfixo o seu desexo cun precioso neno a quen chamou Quays.
O rapaz, fermoso como a lúa chea, medrou nun ambiente de luxo e comodidade. Gustáballe extraordinariamente o estudo e axiña se converteu nun dos mellores discípulos do seu mestre. A aprendizaxe era rápida e fecunda ata que algo máis poderoso que os libros absorbeu toda a súa atención. Ela chamábase Layla. Era unha rapariga esvelta coma un ciprés. Os seus ollos de gacela poderían traspasar mil corazóns cunha soa ollada e cun só pestanexo daria aniquilado a todo un exército. A sombra escura do pelo non agochaba a beleza dun rostro que irradiaba luz ata cegar aos mais escépticos espectadores. Quays e Layla namoraron perdidamente..."
O rapaz, fermoso como a lúa chea, medrou nun ambiente de luxo e comodidade. Gustáballe extraordinariamente o estudo e axiña se converteu nun dos mellores discípulos do seu mestre. A aprendizaxe era rápida e fecunda ata que algo máis poderoso que os libros absorbeu toda a súa atención. Ela chamábase Layla. Era unha rapariga esvelta coma un ciprés. Os seus ollos de gacela poderían traspasar mil corazóns cunha soa ollada e cun só pestanexo daria aniquilado a todo un exército. A sombra escura do pelo non agochaba a beleza dun rostro que irradiaba luz ata cegar aos mais escépticos espectadores. Quays e Layla namoraron perdidamente..."
Rosa Aneiros: Ás de bolboreta
1. Como clasificas este texto, no rexistro coloquial ou no formal?
2. Localiza expresións do texto que xustifiquen a túa resposta.
3. Poderías dar algunha equivalencia desas mesmas expresións no outro rexistro?
Se precisas axuda para comezar preme no botón seguinte.
Actividade
Unha característica do rexistro coloquial é a abundancia en frases feitas. Aquí tes dez desas expresións; serache doado relacionalas co seu significado.
Despois de realizar o exercicio, escolle cinco desas expresións e escribe un texto onde as utilices correctamente.
Analicemos as variantes dialectais do galego: VARIEDADES DATÓPICAS OU XEOGRÁFICAS Pero que é o que nos une a todos os falantes dun mesmo idioma? |
Para escoitar as variantes xeográficas ou diatópicas que presenta o galego en diversas zonas que non pertencen á Comunidade Autónoma de Galicia traemos aquí varios vídeos. O galego quie vas a escoitar serían dous exemplos do galego do denominado bloque oriental:
Para a zona de Asturias do Eo-Navia:
Para a zona do Bierzo e as Portelas en León e Zamora:
Podemos ver outro dos fenómenos dilectais máis característicos: a gheada
Outro dos fenómenos do galego occidental é o seseo:
TAREFA
DOCUMENTO 1: MAPAS DE TRAZOS DIALECTAIS
ACTIVIDADES A PARTIR DO DOCUMENTO 1:
DOCUMENTO 2: VARIEDADES XEOGRÁFICAS GALEGO
ACTIVIDADES A PARTIR DO DOCUMENTO 2:
DOCUMENTO 3: Arquivo sonoro de Galicia. A NOSA FALA. BLOQUES E ÁREAS LINGÜÍSTICAS DO GALEGO NAVEGA POLOS BLOQUES LINGÜÍSTICOS
ACTIVIDADES A PARTIR DO DOCUMENTO 3:
1. Comenta os trazos dialectais presentes nos seguintes etnotextos do BLOQUE OCCIDENTAL:
2. Comenta os trazos dialectais presentes nos seguintes etnotextos do BLOQUE CENTRAL:
3. Comenta os trazos dialectais presentes nos seguintes etnotextos do BLOQUE ORIENTAL:
DOCUMENTO 4: MAPA DAS ÁREAS LINGÜÍSTICAS DO GALEGO (Pódese ver a maior resolución aproximando a lupa)
ACTIVIDADES A PARTIR DO DOCUMENTO 4:
MÁIS….
DOCUMENTO 5: WEBQUEST DIALECTOLOXÍA
DOCUMENTO 6: RECOLLIDA ORAL
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario