lunes, 30 de enero de 2017

TEXTOS PRESCRITIVOS


ACTIVIDADE

TAREFA 1:
Propóñovos que fagades as normas de convivencia. Poden ser as da clase que desexariades ou as que colgariades no voso piso de estudantes. Imaxina que vas a vivir cun amigo/a co que estudas. Como te organizarías?

Realiza unha infografía con 10 normas de convivencia que cumpran as seguintes regras:

1. Ten que ter unha META:
- Pon un título en que se recolla o obxectivo do texto (TÍTULO)
- Pon unha pequena explicación na que digas que vas expoñer a continuación (EXPLICACIÓN).
Exemplo:     COMO CIRCULAR CORRECTAMENTE EN BICICLETA (Título)
               Seguindo estas sinxelas normas, conseguirás aprender a circular pola cidade sen que te multen. Ademais poderás gozar dun deporte san, sinxelo e moi barato. (Explicación)

A META  é a unión do título máis a explicación.

2. Ten que ter un PROGRAMA
- Nel colócanse as normas por orde de importancia (ponse primeiro o máis importante)
- Tamén poden colocarse por orde cronolóxica (ponse en primeiro lugar o que se fai antes).
- Ou por orde enumerativo (todos os elementos teñen a mesma importancia)
* Uso de CONECTORES TEMPORAIS  OU  DE ORDE  

Exemplo PROGRAMA :
               - Coloca primeiro un bo casco. (Imperativo)
               - Subir á bici con coidado. (Infinitivo)
               - Antes de circular, debes mirar a ambos os dous lados para asegurarte de que non vén ninguén.                             (Perífrase de obriga)
               - Párase ante os semáforos e non se superan o 30km/h.(Const. impersonal con se)
               - Para acabar, frea con coidado, baixa da bici e quita o casco. (Imperativo)

3. Acompaña o texto de imaxes

TAREFA 2:
Seguro que sempre soñaches con ser inventor… Agora é o teu momento… Prepara unha infografía coas instrucións dun novo aparello que vai saír ao mercado… E que ti mesmo inventaches.

*ENTRE AS CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS DESTES TEXTOS PRESCRITIVOS TEN QUE HABER: IMPERATIVO, INFINITIVO, PERÍFRASES DE OBRIGA, CONSTRUCIÓNS IMPERSONAL CON SE, VERBO EN 2ª PERSOA PARA APELAR, CONECTORES TEMPORAIS OU DE ORDE, RECURSOS TIPOGRÁFICOS DIVERSOS (subiñados, negriña, títulos, viñetas…)


** PARA AS DÚAS TAREFAS PODES USAR CALQUERA DOS PROGRAMAS DE RECURSOS TIC OU ESTE: https://www.canva.com



No hay comentarios:

Publicar un comentario