Fonética e Fonoloxía
A Fonética e a Fonoloxía son dúas disciplinas que se ocupan do estudo do material fónico das linguas.
A Fonética encárgase do estudo dos sons como material acústico que constitúe a base da linguaxe humana e describe a realización fisiolóxica e as cualidades físicas que presentan eses sons.
A Fonoloxía estuda os fonemas da linguaxe, é dicir, as unidades lingüísticas básicas que se opoñen para permitir diferenciar signos distintos.
O galego estándar conta con 27 fonemas: 7 vocálicos e 20 consonánticos. Estes fonemas descríbense atendendo a tres criterios:
- O modo de articulación: É o xeito en que se modula o son, opoñendo (ou non) unha serie de obstáculos por parte dos órganos articulatorios á saída do aire. Nas vogais o modo de articulación relaciónase coa abertura.
- O punto de articulación: Refírese ó lugar onde se produce o son.
- Sonoridade: Un fonema é sonoro se na súa emisión vibran as cordas vocálicas, e é xordo se non vibran.
Fonema, son e grafía
O Fonema é o elemento mínimo distintivo que non se pode dividir en unidades menores e que permite distinguir palabras. Os fonemas poden ser vocálicos ou consonánticos.
O son refírese ás unidades fonéticas concretas pronunciadas por cada individuo en calquera acto de fala.
A grafía é a representación dos fonemas na escritura, as letras.
FONÉTICA DO GALEGO_INTERACTIVOSISTEMA VOCÁLICO DO GALEGO
SISTEMA CONSONÁNTICO DO GALEGO
EXERCICIOS FONÉTICA
VOGAIS ABERTAS/PECHADAS
ACTIVIDADE FONÉTICA CONSOANTES
No hay comentarios:
Publicar un comentario