domingo, 30 de septiembre de 2018

FONÉTICA E FONOLOXÍA 4º ESO

Fonética e Fonoloxía

Fonética e a Fonoloxía son dúas disciplinas que se ocupan do estudo do material fónico das linguas.
Fonética encárgase do estudo dos sons como material acústico que constitúe a base da linguaxe humana e describe a realización fisiolóxica e as cualidades físicas que presentan eses sons.
Fonoloxía estuda os fonemas da linguaxe, é dicir, as unidades lingüísticas básicas que se opoñen para permitir diferenciar signos distintos.
O galego estándar conta con 27 fonemas: 7 vocálicos e 20 consonánticos. Estes fonemas descríbense atendendo a tres criterios:
  • O modo de articulación: É o xeito en que se modula o son, opoñendo (ou non) unha serie de obstáculos por parte dos órganos articulatorios á saída do aire. Nas vogais o modo de articulación relaciónase coa abertura.
  • O punto de articulación: Refírese ó lugar onde se produce o son.
  • Sonoridade: Un fonema é sonoro se na súa emisión vibran as cordas vocálicas, e é xordo se non vibran.

Fonema, son e grafía

Fonema é o elemento mínimo distintivo que non se pode dividir en unidades menores e que permite distinguir palabras. Os fonemas poden ser vocálicos ou consonánticos.
son refírese ás unidades fonéticas concretas pronunciadas por cada individuo en calquera acto de fala.
grafía é a representación dos fonemas na escritura, as letras.
FONÉTICA DO GALEGO_INTERACTIVO

SISTEMA VOCÁLICO DO GALEGO

SISTEMA CONSONÁNTICO DO GALEGO

EXERCICIOS FONÉTICA

VOGAIS ABERTAS/PECHADAS

ACTIVIDADE FONÉTICA CONSOANTES

1. VOGAIS:

  vogal anterior alta (pechada)

  vogal anterior media-alta (media-pechada)

 ɛ  vogal anterior media-baixa (media-aberta)

  vogal central baixa

 ɔ  vogal posterior media-baixa (media-aberta) arredondada 

  vogal posterior media-alta (media-pechada) arredondada

  vogal posterior alta (pechada) arredondada

 2. CONSOANTES: 

p consoante oclusiva bilabial xor da LETRA: p

 b consoante oclusiva bilabial sonora LETRAS: v,b

 t consoante oclusiva dental xorda LETRA: t 

d consoante oclusiva dental sonora .LETRA: d

cons. oclusiva velar xorda.LETRAS: c(a,o,u),qu,k

 ɡ consoante oclusiva sonora.LETRA: g

 t͡ʃ consoante africada postalveolar LETRA: ch

consoante fricativa labiodental xordaLETRA: f

 θ consoante fricativa interdental xordaLETRA: z,c(e,i)

 consoante fricativa apicoalveolar xordaLETRA: s (e seseo

ʃ consoante fricativa lámino-postalveolar xordaLETRA: x

 ħ consoante fricativa farínxea xordaLETRA: gh(gheada)

 m consoante nasal bilababial LETRA: m

n consoante nasal alveolarLETRA: n

 ɲ consoante nasal palatal LETRA: ñ

ŋ consoante nasal velar LETRA: nh, n(seguida de g,k),-n

cons. rótica vibrante múltipleLETRA: r- , rr,r(precedida de n)

 ɾ consoante rótica batida simpleLETRA: -r

aproximante lateral alveolar LETRA: l

ʎ aproximante lateral palatal LETRA: ll .

3. SEMIVOGAIS

aproximante semivogal palatal: CANDO O I APARECE EN DITONGOS

w aproximante semivogal labiovelar: CANDO O APARECE EN DITONGOS