SOCIOLINGÜÍSTICA ¿En que idioma fala a mocidade e por que? ¿Perduran os estereotipos? ¿Existe conflito por culpa da lingua? ¿Que lle falta ao galego para estar normalizado? Este documental afonda na cuestión sociolingüística a través da xente nova, da primeira xeración da historia que tivo o galego como lingua oficial, co convencemento de que as experiencias e opinións desta xeración son clave para entendermos o estado actual da lingua e os retos para o futuro.
A finales del S.XIX surge una corriente de pensamiento que proclama una actitud nueva y renovadora ante la vida y el arte: el Modernismo.
En España, un sentimiento de desencanto tras el “Desastre del 98” dará lugar a un movimiento llamado: Generación del 98.
Ambos movimientos, coincidentes en el tiempo y en la esencia, difieren en la dimensión cosmopolita del primero frente a la preocupación por España del segundo.
Los máximos exponentes de estos movimientos son:
- Rubén Darío: precursor del Modernismo literario.
- Antonio Machado: poeta modernista y noventayochista.
- Unamuno: novelista y ensa
yista.
- Ortega y Gasset: filósofo y ensayista.
- Juan Ramón Jiménez: poeta
- Ramón Pérez de Ayala: novelista
1.Exposición oral y vídeo modernismo y generación del 98
2. Visualización de VÍDEOS sobre algunos autores
3. En la página web http://antologiapoeticamultimedia.blogspot.com.es/ Antología Poética Multimedia escuchamos tres poemas:
- Canción de otoño en primavera de Rubén Darío.
- Retrato de Antonio Machado.
- Desnudos de Juan Ramón Jiménez.
IMPORTANTE: Debéis entrar en esta página web que contiene teoría, textos para comentar y
actividades interactivas: Se trata de una página muy completa, con textos en verso y en prosa que podéis leer y escuchar, actividades interactivas que podéis corregir vosotros mismos e incluso tenéis la opción de repetir con preguntas nuevas y comentarios de texto que tenéis que realizar y enviarme
para su corrección:
colexiolainmaculada@gmail.com
**** EVALUACIÓN: Revisión de los trabajos enviados:
- Comentario de texto de Caupolicán de Rubén Darío, de un fragmento de Niebla de Miguel de Unamuno y de dos poemas de Antonio Machado: Hacia un ocaso brillante y A orillas del Duero.
- Test de comprobación de contenidos
Denomínanse Séculos Escurosos anos que van desde finais do século XV ata finais do XVIII, durante os que a
literatura galega entra no período de maior declive da súa historia e a lingua deixa de usarse nos rexistros formais e
nos ámbitos oficiais. Durante este período non podemos falar con propiedade de “Literatura galega”, senón máis
ben de manifestacións literarias en galego, xa que son puntuais e en xeral non destacan por presentar grandes
valores literarios, por non falar da súa escasa ou nula transcendencia dentro do ámbito cultural da época. De todas
formas cómpre facer unha distinción entre o século XVIII e os precedentes, xa que a presenza das ideas da
Ilustración en Galiza supuxo o inicio dun cambio para a situación do país e da lingua, se ben estes anos se
caracterizan igual que os anteriores pola pobreza de mostras literarias no noso idioma. Non obstante, os ilustrados
van ser o precedente necesario para o cambio de rumbo que se opera no s. XIX co Rexurdimento, pois son eles os
primeiros que teñen conciencia da situación de atraso que padece Galiza e da necesidade de poñer os medios para
saír desta situación, ademais de facer unha defensa da singularidade da realidade galega fronte as ofensas das que é
obxecto por parte de Castela.
CAUSAS DA DECADENCIA
A decadencia da lingua e da literatura galega hai que situala no contexto dunha crise máis ampla que afecta a Galiza
en todas os ámbitos, e que acabará por sumila na pobreza e na dependencia de institucións alleas, contrarias aos
intereses dos galegos. Analicemos as principais causas que explican a decadencia da lingua e da literatura galegas
durante os Séculos Escuros. Podemos distinguir causas de índole literaria e outras de carácter político.
Decadencia da escola trobadoresca.
Tras a morte de Don Dinís, e do seu fillo o Conde de Barcelos, a mediados do s. XIV, a lírica trobadoresca entra en
decadencia, en parte por falta de apoio institucional e en parte polo esgotamento das fórmulas que caracterizaban
este tipo de literatura. Os poetas que continúan compoñendo á maneira dos trobadores tenden a repetir vellas
formulas e tópicos literarios que lles restan forza ás súas creacións. Trátase dunha literatura decadente e galante,
que ten lugar no ámbito cortesán, e que só é un mero entretemento para encher as horas de ocio dunha nobreza
aburrida. Esta prolongación da lírica trobadoresca durante o s. XV e mesmo parte do XVI denomínase escola galego-
castelá, e as mostras que temos chegáronnos a través de varios cancioneiros, o máis importante para nós o
Cancioneiro de Baena, que recolle composicións escritas en galego xunto con outras en castelán que imitan as
formas trobadorescas e poesía que responde xa ás novas modas ou tendencias poéticas, pois a vella literatura de
orixe galego-portuguesa tiña os días contados e pronto é substituída pola poesía de corte renacentista que chega
desde Italia.
A progresiva perda de independencia de Galiza dentro do reino de Castela.
Coa independencia de Portugal no S.XII Galicia queda nunha situación periférica sendo anexionada ao reino de
Castela coa conseguinte perda de independencia e de poder político, sobre todo coa chegada da Monarquía
centralista dos Reis Católicos. Pero esta perda de poder específico dos nobres galegos dentro do Reino de Castela xa
se remonta ao conflito sucesorio que tras a morte de Alfonso XI enfrontou o seu fillo Pedro I (alcumado “el Cruel” na
historiografía española) e Enrique de Trastámara, fillo bastardo do monarca que lle disputou o trono co apoio de boa
parte da nobreza castelá. Os nobres galegos que defenderon a causa do lexítimo herdeiro sufrirán as represalias de
Enrique II unha vez sexa proclamado rei. Así algunhas das principais familias galegas como os Castro son desposuídos
das súas terras que serán entregadas a nobres vidos de fóra como os Osorio ou os Andrade. A nova nobreza
demostra un absoluto desprezo e incomprensión pola realidade galega e a súa cultura e interesados unicamente en
acadar riquezas impoñerán aos labregos das súas terras importantes cargas, difíciles de satisfacer para unha
economía campesiña. Esta actitude, xunto con outros factores entre os que destacan os intereses dunha burguesía
que ansiaba maiores cotas de poder, é unha das causas das Revoltas Irmandiñas que se producen no século XV. Defeito, a primeira Revolta Irmandiña (1431) estala nas terras do Señor de Andrade, en Betanzos, debido ás esixencias
que impoñía aos seus vasalos, e pronto se fará sentir o malestar dos galegos cara os seus señores por todo o
territorio. A segunda Revolta Irmandiña ten lugar entre 1467-1469 e fará abanear os alicerces do sistema feudal,
provocando a fuxida dos nobres galegos que acoden ao monarca para que poña fin ao conflito.
Estas loitas fan que Galiza viva un período de inestabilidade social que debilita a súa nobreza e as súas institucións,
anunciando o desmantelamento das clases dirixentes galegas que terá lugar definitivamente co advento da
monarquía absoluta dos Reis Católicos.
substitución da nobreza galega durante a monarquía dos Reis Católicos.
Baixo o reinado dos Reis Católicos a nobreza galega é expulsada de Galiza e os seus postos na administración, na
igrexa ou na política son ocupados por unha nobreza foránea, que tiñan o castelán como lingua. O feito histórico
que está na orixe da represalia dos Reis Católicos contra a nobreza galega é unha vez máis un conflito sucesorio.
Tras a morte de Enrique IV (“O Impotente”) enfróntanse polo trono a súa filla -e lexítima herdeira- Xoana (alcumada
“la Beltraneja”) e a irmá menor do monarca, Isabel (coñedida como Isabel a Católica). Os nobres galegos apoiarán o
bando de Xoana, que resulta perdedor da contenda. A execución pública en Mondoñedo do Mariscal Pedro Pardo de
Cela en 1483 pon fin á resistencia da nobreza galega e comeza o proceso de “doma e castración de Galicia” (tal como
o definiu Xerónimo de Zurita, cronista de Fernando o Católico), é dicir, o proceso de sometemento e aculturación
que caracteriza a política dos monarcas casteláns a partir dese momento. Os Reis Católicos, interesados en afirmar o
seu poder en todo o territorio, inician o proceso de substitución dunha nobreza galega conflitiva por outra foránea
que lle é fiel. Deste modo, os máis dos nobres galegos rebeldes serán afastados das súas terras para ocupar cargos
na administración ou en ultramar. Tamén os altos cargos eclesiásticos serán ocupados por xente foránea e o Reino
de Galiza pasa a recibir un trato parecido ao das colonias das Indias, creando unha Capitanía Xeral que sometía as
súas decisións aos intereses da monarquía. Coa chegada dos Austrias aínda se van agudizar as medidas de
aculturación, que no s. XVI xa empezan a ter consecuencias no terreo lingüístico.
CONSECUENCIAS
As consecuencias derivadas destes acontecementos históricos para a lingua e a literatura galega son as seguintes:
O lingua galega queda reducida ao uso oral, arredada dos ámbitos de prestixio, o que imposibilitou o seu
desenvolvemento literario.
Mentres as demais linguas se conforman como linguas nacionais, o galego perde esa oportunidade.
O castelán convértese na lingua da administración, das relacións co poder e da cultura.
AS MANIFESTACIÓNS LITERARIAS DOS SÉCULOS ESCUROS
Durante os denominados Séculos Escuros o galego desaparece do uso escrito e dos ámbitos formais, quedando
relegado practicamente á oralidade, polo que apenas hai manifestacións literarias cultas en galego. Non obstante, o
galego continúa a ser a lingua da inmensa maioría do pobo, e durante este período, no que as condicións socio-
políticas non permiten que emerxa un sistema literario galego, vaise continuar desenvolvendo unha importante
literatura de carácter popular.
Deste modo, o primeiro criterio que se impón á hora de afrontar o estudo da literatura dos s. XVI e XVII é a distinción
entre literatura popular ou tradicional e a literatura culta.
LITERATURA POPULAR E TRADICIONAL
A literatura popular inclúe todas aquelas creacións anónimas elaboradas polo pobo, tanto cantigas como narracións.
Non obstante, só no s. XVIII e XIX este tipo de literatura espertou o interese dalgúns estudosos que as recolleron por
escrito. Polo tanto, se deixamos de lado as creacións que só perviviron de forma oral e que conforman a nosa
tradición popular, teríamos que reducir as mostras populares a unhas poucas pezas de poesía inspiradas en feitos
históricos como a execución de Pardo de Cela e o saqueo de Cangas polos turcos, ou o heroísmo demostrado por María Pita fronte aos ingleses que a atacaron a Coruña en 1598. Intentemos unha clasificación esquemática da
literatura popular dos Séculos Escuros.
- Literatura anónima tradicional. Estaría composta dunha parte por manifestacións do lirismo popular en verso
como refráns ou cantigas de berce, cantigas de cego, de traballo, etc; doutra parte, as manifestacións narrativas en
prosa entre as que se inclúen lendas, contos, fábulas etc. Só a partir do século XVIII será recollido e documentado
este acervo popular que fora transmitido de forma oral ao longo dos séculos.
- Poesía de circunstancias de carácter popular. Trátase fundamentalmente de dúas mostras de poesía narrativa que
xiran en torno a temas históricos de fondo calado na memoria popular.
“Pranto da Frouseira”.É un poema anónimo posiblemente de fins do s. XV. Esta composición xira en
torno á figura de Pedro Pardo de Cela, executado o 17 de decembro de 1483 en Mondoñedo por mandado dos Reis
Católicos.
”saqueo de Cangas polos Turcos”. Trátase dunha composición anónima pertencente ao s. XVII que se
inspira no ataque dos piratas turcos á vila de Cangas o 9 de decembro de 1617. O relato en verso que circulou de
forma oral foi recollido máis tarde por escrito, e faise evidente a intervención dun autor culto que engadiría os
versos pares da composición. -Panxoliñas de Nadal. Mención aparte merecen estas composicións que parece que tiveron grande
desenvolvemento durante este período debido á galeguización do tema do Nadal. Non se poden confundir coas
panxoliñas escritas no século XVII E XIX por autores cultos. LITERATURA CULTA: Ao lado da literatura popular existiu unha moi exigua literatura culta, practicamente reducida a unhas poucas
composición poéticas. Podemos agrupalas en poesía de tendencia renacentista e poesía de tendencia barroca.
- Poesía renacentista. Agrupamos baixo esta denominación dúas composicións datadas no s. XVI que presentan en
certa medida trazos que caracterizan a poesía de corte renacentista, como as alusións mitolóxicas ou o emprego do
soneto como forma compositiva.
-O “Soneto de Monterrei”. Composición anónima escrita arredor de 1530, de tema pastoril, que foi atribuída
primeiramente a Camões de forma equivocada. Denomínase “Soneto de Monterrei” porque nos primeiros versos fai
referencia expresa a esta localidade do Val de Laza.
-“Araucana naçaon”. Soneto da autoría de Isabel de Castro e Andrade, Condesa de Altamira, que o
compoñería arredor de 1578 ao publicarse a segunda parte de “La Araucana” de Alonso de Ercilla, ao que está
dedicado o poema. A composición, escrita nun galego con trazos portugueses, é a única que se conserva na nosa
lingua desta autora, aínda que parece que non foi o único que escribiu.
-Poesía barroca
Adoitan agruparse baixo a categoría de poesía barroca os sonetos galegos do s. XVII incluídos no libro das “Exequias
da raíña Margarida”publicado en 1612, por considerar que xa presentan trazos temáticos e estilísticos
característicos desta estética, como son a visión pesimista da vida expresada no tópico do “tempus fugit”. Tamén
dentro do período barroco cabe inserir outras obras como as “Décimas ao Apóstolo Santiago (de tendencia
popularizante) e as composicións das “Festas minervais” promovidas desde a Universidade de Santiago.
Comentemos estas obras cun pouco máis de detalle:
Sonetos incluídos nas “Exequias á Raíña Margarida”.Neste libro composto con motivo da morte da Raíña
Margarida de Austria inclúense dous sonetos escritos en galego xunto a outros textos en castelán e latín escritos en
honra da raíña de España morta.
-“Soneto con Falda” de Xoán Gómez Tonel. Titúlase así por engadir ao final do soneto varios versos en
forma de estrambote (ou falda). Faise un lamento pola perda que supón a desaparición da raíña de España.
- “Respice finem” de Pedro Vázquez de Neira. Este soneto, de tendencia claramente barroca, representa a
cima literaria en lingua galega dos Séculos Escuros, segundo a crítica. É un soneto composto, igual que o anterior,
para o libro das exequias en honra da Raíña Margarida e nel o poeta recorre ao tema da fugacidade da vida e do
poder igualatorio da morte, que non fai excepcións con ninguén.
Décimas ó Apóstolo Santiago de Martín Torrado. Trátase de composicións de tendencia popularizante e
ton irónico compostas arredor de 1617 nos que o abade Martín Torrado constrúe unha sátira sobre a posibilidade de
que Santa Teresa comparta con Santiago o padroado de España, tal como propoñía Felipe IV.
Composicións das Festas Minervais: Son nove romances escritos en honor ao fundador da Universidade,
don Alonso III de Fonseca. Estas composicións foron escritas con motivo do certame literario das “Festas Minervais”
que convocaba a Universidade de Santiago para loar a figura do seu fundador, e aínda que tivo varias edicións só se
conservan estas de 1697.
-O teatro: Tamén dentro da literatura de tendencia popular ou tradicional, podemos incluír unha peza teatral do
s. XVI. Trátase do Entremés famoso sobre a pesca no río Miño de Gabriel Feixoo de Arauxo. O asunto da obra é a
disputa entre galegos e portugueses pola pesca no río miño. Ten un ton xocoso e festivo.
A Ilustración
No século XVIII, coa chegada da Ilustración, denúnciase a marxinalidade cultural e lingüística que sofre Galicia e
aparecen algúns ilustrados que procuran a dignificación do país, estudan a lingua e van asentando as bases que
posibilitan a aparición do Rexurdimento no século XIX. As principais figuras da Ilustración son as seguintes:
O Padre Feixoo (1676-1764). Frei Benito Xerónimo Feixoo, nacido en Ourense, a pesar de non ter deixado
ningunha obra en galego, foi un pioneiro na defensa da dignidade da lingua galega, negando a súa condición de
dialecto do castelán e equiparándoo a outras linguas románicas.
Frei Martín Sarmiento (1695-1772): Pedro José García Balboa, nacido en Vilafranca do Bierzo e criado en
Pontevedra, é para Galicia a figura máis importante da primeira xeración de Ilustrados, chamada “xeración
crítica”. Nas viaxes que realiza por Galiza toma contacto coa realidade do país e recompila abundante léxico
recollido despois en obras como Catálogo de voces gallegas de diferentes vegelates ou Catálogo de voces
vulgares. Pódese considerar o precursor da filoloxía galega, ademais atopamos nas súas obras unha
argumentada defensa do uso do galego no ensino, na igrexa e na Administración. É autor en galego do
Coloquio de 24 gallegos rústicos, 1200 coplas de estilo popular, froito da súa primeira viaxe por Galiza en 1745,
que teñen por obxecto sobre todo compilar léxico e expresións propias da fala galega.
Os irmáns Anselmo e Plácido Feixoo. Se o padre Xerónimo Feixoo non deixou ningún testemuño da súa
creatividade en galego, os seus irmáns si. Anselmo Feixoo é autor dun poema en galego titulado “Llanto de la
flota por una ninfa gallega” inspirada na batalla naval de Rande e Plácido deixou outro poema titulado “Glosa”.
Diego Cernadas e Castro. O cura de Fruíme é un enérxico defensor da lingua galega. É autor de varias
composicións líricas no noso idioma.
O Padre Sobreira (1746-1805). O seu labor céntrase en recoller léxico e refráns e cantigas populares. É autor de
Idea de un diccionario de la Lengua Gallega e Ensayo para la Historia General de Galicia.
Xosé Cornide Saavedra (1734-1803). É un ilustrado que amosou interese pola lingua galega, recollendo no seu
Catálogo de palabras gallegas coplas populares. É o autor do soneto “A Filida”, quizais a obra de maior calidade
literaria deste período.
Francisca de Isla Losada (1734-1808). Desta autora só se conserva un romance humorístico dirixido ao cura de
Fruíme, pois parece ser que pediu que queimasen os seus escritos tras a súa morte.