domingo, 22 de septiembre de 2019

ANACRONÍAS NO CINE

O TEMA
O tema é o asunto do que trata a historia, o fondo, o óso que estará presente en todo o seu desenvolvemento. O que unha nai é capaz de facer polos seus fillos. As consecuencias emocionais das mentiras. A falta de liberdade de expresión nun país baixo unha ditadura militar. As consecuencias psicolóxicas do incesto. O amor prohibido (Romeo e Xulieta). A envexa e os celos (Brancaneves)...

O argumento
O argumento é o conxunto de accións que realizan os personaxes no desenvolvemento da historia, dispostas en orde cronolóxica e sen relacións causais. (Había unha vez un señor que fixo isto, e daquela aquilo, e despois isto outro, e ao final pasou isto)

Por exemplo: Dous irmáns son abandonados no bosque polos seus pais. Pérdense, atopan unha casiña de chocolate e quedan a vivir coa súa dona, unha anciá que resulta ser unha bruxa que encerra ao neno e engórdao para comerllo, mentres a nena ten que facer tarefas da casa. Pero os nenos logran enganar á bruxa, e conseguen fuxir e atopar o camiño para reunirse co pai. ( Hansel e Gretel, Irmáns Grimm.)

A trama
A partir do argumento (sucesión en orde cronolóxica dos feitos, sen relación causal), elaboraremos a estrutura da historia, é dicir, a trama: a forma en que presentaremos os feitos, que pode coincidir ou non coa orde cronolóxica do argumento, e as súas relacións causais.
A trama impón a estrutura do relato, desde a cantidade e extensión dos capítulos dunha novela, ata as anacronías: o relato pode empezar polo principio (ab ovo), polo medio (In media res), polo final (In extrema res), conter retrospeccións ( analepses ou flash back), ou prospeccións (prolepses ou flash foward).


A analepse ("flashback”) é unha técnica que altera a secuencia cronolóxica da historia e trasládanos cara ao pasado. Utilízase moitas veces cando un personaxe comeza a lembrar algo que lle sucedeu ou cando se retrocede no tempo da narración.

A prolepse ("flashforward”) é un salto cara a adiante no tempo, para despois retornar ao momento presente da narración, actuando como recurso de anticipación máis aló dos límites do relato.



WEB ANACRONÍAS

ANALEPSE E PROLEPSE


ANALEPSE

PROLEPSE



  ELIPSES

No hay comentarios:

Publicar un comentario