domingo, 29 de noviembre de 2015

ATA SEMPRE, NEIRA VILAS!!!

TOD@S SOMOS BALBINO!!!



"Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña".
A historia de Balbino é o testemuño da vida rural en Galicia nun tempo pasado. Durante décadas foi unha lectura cotiá para os alumnos en moitas escolas galegas. Foi traducida ao castelán, inglés, francés, alemán, checo, ruso e outros idiomas.





O escritor cruceño Xosé Neira Vilas faleceu o pasado venres 27 novembro na súa vivenda de Gres. O autor de"Memorias dun neno labrego" mantiña unha carreira literaria ainda en activo, acababa de presentar a súa última novela o pasado día 15 e o seu próximo proxecto era a estrea da adaptación teatral de"Querido Tomás", prevista para o vindeiro 8 de xaneiro en Santiago de Compostela. Neira Vilas estaba pendente de falar o premio Arume de poesía para nenos, que concede a fundación que leva o seu nome.

Neira Vilas naceu en Gres o 3 de novembro de 1928. Aos 21 anos emigrou a Buenos Aires, onde coñeceu á escritora cubana Anisia MirandaXuntos fundaron a editorial Follas Novas, para editar e distribuir libros galegos en América. O matrimonio desenvolveu unha intensa labor cultural vinculada a Galicia tanto durante a súa estancia en Buenos Aires como posteriormente cando se trasladaron a Cuba. Xa jubilados, instaláronse na localidade natal de Neira Vilas en 1992, onde puxeron en marcha a citada Fundación Xosé Neira Vilas, unha das entidades máis dinamizadoras da comarca. Anisia Miranda faleceu en outubro de 2009.

Doctor Honoris Causa poa Universidad de A Coruña, membro da Real Academia Galega, Premio da Crítica Española e da Crítica Galega, Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, Celanova dos Poetas.... O autor do primeiro "best seller" gallego obtivo ao longo da súa traxectoria multitude de recoñecementos.

Neira Vilas, que foi narrador, ensaísta, periodista e poeta, seguía en activo e recibiu numerosas homenaxes nos últimos meses. Un dos seus libros, Romaría de historias, figura no catálogo de novedades para a tempada de Nadal da editorial Galaxia.

FRAGMENTO 1

FRAGMENTO 2: BALBINO PERDEUSE

FRAGMENTO 3: "Balbino non puidera celebrar o entroido por causa do loito"

FRAGMENTO 4: "Balbino non puidera ir á festa" 

FRAGMENTO 5: FINAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario