LINGUAS_ESO
martes, 1 de octubre de 2019
https://drive.google.com/file/d/1-gHwzsTwxvMmw8525oEwC5gD_uhQKZhh/view?usp=sharing
domingo, 22 de septiembre de 2019
ANACRONÍAS NO CINE
O TEMA
O tema é o asunto do que trata a historia, o fondo, o óso
que estará presente en todo o seu desenvolvemento. O que unha nai é capaz de
facer polos seus fillos. As consecuencias emocionais das mentiras. A falta de
liberdade de expresión nun país baixo unha ditadura militar. As consecuencias
psicolóxicas do incesto. O amor prohibido (Romeo e Xulieta). A envexa e os
celos (Brancaneves)...
O argumento
O argumento é o conxunto de accións que realizan os
personaxes no desenvolvemento da historia, dispostas en orde cronolóxica e sen
relacións causais. (Había unha vez un señor que fixo isto, e daquela aquilo, e
despois isto outro, e ao final pasou isto)
Por
exemplo: Dous irmáns son abandonados no bosque polos seus pais. Pérdense,
atopan unha casiña de chocolate e quedan a vivir coa súa dona, unha anciá que
resulta ser unha bruxa que encerra ao neno e engórdao para comerllo, mentres a
nena ten que facer tarefas da casa. Pero os nenos logran enganar á bruxa, e
conseguen fuxir e atopar o camiño para reunirse co pai. ( Hansel e Gretel,
Irmáns Grimm.)
A trama
A partir do argumento (sucesión en orde cronolóxica dos
feitos, sen relación causal), elaboraremos a estrutura da historia, é dicir, a
trama: a forma en que presentaremos os feitos, que pode coincidir ou non coa
orde cronolóxica do argumento, e as súas relacións causais.
A trama impón a estrutura do relato, desde a cantidade e
extensión dos capítulos dunha novela, ata as anacronías: o relato pode empezar polo principio (ab ovo), polo medio (In media res), polo final (In extrema res), conter retrospeccións
( analepses ou flash back), ou
prospeccións (prolepses ou flash
foward).
A analepse ("flashback”) é unha
técnica que altera a secuencia cronolóxica da historia e trasládanos cara ao pasado. Utilízase moitas veces
cando un personaxe comeza a lembrar algo que lle sucedeu ou cando se retrocede
no tempo da narración.
A prolepse ("flashforward”) é un salto cara a adiante no tempo, para
despois retornar ao momento presente da narración, actuando como recurso de
anticipación máis aló dos límites do relato.
WEB ANACRONÍAS
ANALEPSE E PROLEPSE
ANALEPSE
PROLEPSE
ELIPSES
Etiquetas:
anacronías,
NARRATIVA
ELEMENTOS DA NARRACIÓN
jueves, 14 de marzo de 2019
O GALEGO É A FÓRMULA
Etiquetas:
alumnos,
GALEGO,
SOCIOLINGÜÍSTICA,
VÍDEOS
jueves, 21 de febrero de 2019
24 FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
o espolio dunha perenne miseria,
as violacións a roupa de cote puñéronma en tiras,
a inxustiza social sin abrigo tembra,
os desafiuzamentos embargaránnos todo,
o abuso laboral que se amargo pan vos ganan / dádesllo envolto en veneno
os éxodos en errantes hordas.
-Escoitá: os algoasiles
andan correndo a aldea;
mais ¿cómo pagar, cómo, si un non pode inda
pagar a renda?
Embargaránnos todo, que
non teñen
esas xentes concencia, nin tén alma.
¡Quedaremos por portas,
meus fillos das entrañas!
¡Mala morte vos mate
antes de que aquí entredes!
Dos probes, ao sentirvos,
os corazós, ¡cál baten tristemente!
-María, se non fora
porque hai un Dios que premia e que castiga,
eu matara eses homes
como mata un raposo a unha galiña.
-¡Silencio! ¡Non brafemes,
que éste é un valle de lágrimas...!
Mais ¿por qué a algúns lles toca sufrir tanto,
i outros a vida antre contentos pasan?
Nas dúas primeiras estrofas fálase fundamentalmente do
desaufizamento; este é un problema que había no tempo de Rosalía, pero que tamén o
hai hoxe en día. Pois o pasado 22 de febrero de 2019 houbo catro familias desaloxadas nun mesmo edificio en Madrid e todo polas construcións que pasaron
a formar parte do fondo buitre; os edificios públicos postos a venda polos
concellos son comprados por empresas privadas, as cales lles suben os precios
de alquiler ás persoas que viven nos apartamentos adquiridos por ditas empresas
para que as familias que ocupan os apartamentos podan ser desahuciadas por non
pagar o alquiler e así alugarlle a vivienda a xente con máis cartos.
Nas estrofas tres e catro fálanos da rabia e do enfado así
tamén como da tristeza que sinten as persoas que non poden pagar as súas vivendas
e que non saben qué facer. Neses momentos de frustración polo que está a pasar,
esas persoas só poden apoiarse naqueles que lles dan a man para axudalos a
levantarse e así poder seguir adiante.
A quinta e última estrofa fai una pequeña reflexión sobre a
inxusta repartición da sociedade; pois os ricos fanse cada vez máis ricos e os
pobres cada vez máis pobres.
Todas as
inxustizas presentes no poema “¿Por qué?” pertencente a obra “Follas
Novas” de Rosalía de Castro son inxustizas que aínda hoxe en día seguen
vixentes.
NOELIA AGUETE 4º ESO
#LIBREOMEUPENSAMENTO.
Os versos de Rosalía de Castro e as inxustizas sociais
andan correndo a aldea;
mais ¿cómo pagar, cómo, si un non pode inda
Embargaránnos todo, que non teñen
esas xentes concencia, nin tén alma.
¡Quedaremos por portas,
meus fillos das entrañas!
¡Mala morte vos mate
antes de que aquí entredes!
Dos probes, ao sentirvos,
os corazós, ¡cál baten tristemente!
-María, se non fora
porque hai un Dios que premia e que castiga,
eu matara eses homes
como mata un raposo a unha galiña.
-¡Silencio! ¡Non brafemes,
que éste é un valle de lágrimas...!
Mais ¿por qué a algúns lles toca sufrir tanto,
i outros a vida antre contentos pasan?
Rosalía de Castro foi una das principais escritoras galegas do século XIX. A súa obra inclúese dentro do período do Romanticismo. Escribiu tanto en galego como en castelán e a temática da súa obra é de dor e desengano, de morriña e patria. Rosalía considérase unha pioneira do feminismo na literatura.
Neste traballo analízanse dous poemas relacionados con sentimentos negativos como a vergonza, a deshonra; e con problemáticas sociais tan actuais coma o maltrato ou o machismo.
Rosalía identifícase nos seus poemas con mulleres deshonradas, maltratadas, con seres perseguidos e sinalados pola xente. Estes poemas son un medio para liberarse do sentimento do ser obxecto de burla, dándolle expresión poética. Os poemas permítenlle exteriorizar ese sentimento de raíz inconsciente.
O primeiro dos poemas, Ladraban contra min, inclúese na súa obra Follas Novas.
Ladraban contra min, que camiñaba
cásique sin alento,
sin poder co meu fondo pensamento
i a pezoña mortal que en min levaba.
I a xente que topaba,
ollándome a mantenta,
do meu dor sin igual i a miña afrenta,
traidora se mofaba.
I eso que nada máis que a adivinaba.
«Si a souperan, ¡Dios mío!,
-penséi tembrando-, contra min volvera
a corrente do río».
Buscando o abrigo dos máis altos muros,
nos camiños desertos,
ensangrentando os pes nos seixos duros,
fun chegando ó lugar dos meus cariños,
maxinando espantada: «Os meus meniños
¿estarán xa despertos?
¡Ai, que ó verme chegar tan maltratada,
chorosa, sin alento e ensangrentada,
darán en se afrixir, malpocadiños,
por suá nai malfadada!».
Pouco a pouco fun indo,
i as escaleiras con temor subindo,
co triste corazón sobresaltado.
¡Escoitéi...! Nin as moscas rebullían.
No berce inda os meus ánxeles dormían,
ca Virxen ao seu lado.
No primeiro verso, a frase “ladraban contra min”, a escritora indica que lle berraban e se burlaban dela. Nótase a angustia dunha persoa que case sen alento camiña oíndo os cans ladrar contra ela.
Expresa tamén un sentimento de vergonza, probablemente relacionado co feito de que a propia Rosalía era filla de nai solteira e un sacerdote.
Nos seguintes versos, Rosalía expresa a angustia dunha muller polos seus fillos, porque non quere que a vexan maltratada.
Os últimos versos son de tranquilidade porque os nenos dormen pacíficamente na súa cama.
O segundo poema, A xustiza pola man, tamén pertence á obra Follas Novas, e conta a vinganza dunha muller que pide xustiza, e como non lla conceden decide matar aos que a ofenderon.
Aqués que tén fama de honrados na vila,
roubáronme tanta brancura que eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en donde eu vivira;
sin lar, sin abrigo, moréi nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos..., ¡meus anxos...!, que tanto eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedéi deshonrada, mucháronme a vida,
fixéronme un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.
-¡Salvádeme, ou, xueces! -berréi... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendéume a xusticia. -
Bon Dios, axudáime -berréi, berréi inda...
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pilléi a fouciña,
rondéi paseniño... ¡Ne as herbas sentían!
I a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.
Miréinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe, ¡dun soio!, deixéinos sin vida.
I ó lado, contenta, sentéime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.
I estonces..., estonces cumpréuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man que os ferira.
Nos versos “roubáronme tanta brancura que eu tiña” ou “a roupa de cote puñéronma en tiras”, Rosalía pode estar facendo referencia a un atentado ao seu honor, como unha violación.
Tamén se refiere á pobreza, porque fala de como os seus fillos están morrendo de fame.
Nos seguintes versos relata que por moito que grite que a salven ante o xuíz, non lle van facer caso.
Por último, a escritora demostra que se pode facer xustiza por moito que coste, aínda que sexa fóra da lei.
Queda claro o odio, o resentimento e o desexo de vinganza da muller perseguida.
FÁTIMA JUNCAL, 4º ESO
OS VERSOS DE ROSALÍA DE CASTRO E AS INXUSTIZAS SOCIAIS
Rosalía foi unha escritora de lingua galega e lingua castelá que pertenceu á época do Romanticismo. É unha das principais escritoras do século XIX e é considerada como unha pioneira do feminismo na literatura. Nas súas obras falaba das inxustizas que pasaba ou que acontecían na sociedade do seu redor, aínda que tamén poñíase no papel dunha muller da que fala sobre os seus problemas da súa vida. Rosalía identifícase nos seus poemas con mulleres deshonradas, perseguidas, maltratadas e acosadas ou incluso mulleres sinaladas pola xente. Ela escribía os seus versos como método de desafogo, para liberarse do sentimento de ser un obxecto de burla, dándolle así expresión poética. Os seus poemas axúdanlle a exteriorizar ese sentimento de raíz inconsciente. Foi unha persona que sen deixar de ser fiel a ela mesma, intenta buscar unha solución transcendente á súa vida.
LADRABAN CONTRA MIN
Ladraban contra min, que camiñaba
cásique sin alento,
sin poder co meu fondo pensamento
i a pezoña mortal que en min levaba.
I a xente que topaba,
ollándome a mantenta,
do meu dor sin igual i a miña afrenta,
traidora se mofaba.
I eso que nada máis que a adivinaba.
«Si a souperan, ¡Dios mío!,
-penséi tembrando-, contra min volvera
a corrente do río».
Buscando o abrigo dos máis altos muros,
nos camiños desertos,
ensangrentando os pes nos seixos duros,
fun chegando ó lugar dos meus cariños,
maxinando espantada: «Os meus meniños
¿estarán xa despertos?
¡Ai, que ó verme chegar tan maltratada,
chorosa, sin alento e ensangrentada,
darán en se afrixir, malpocadiños,
por suá nai malfadada!».
Pouco a pouco fun indo,
i as escaleiras con temor subindo,
co triste corazón sobresaltado.
¡Escoitéi...! Nin as moscas rebullían.
No berce inda os meus ánxeles dormían,
ca Virxen ao seu lado.
Neste poema pertencente a Follas Novas podemos apreciar distintas inxustizas:
·Na frase do primeiro verso, "Ladraban contra min" o que quere representar é á sociedade que estaba en contra dela, burlándose dela ou tamén podería ser a uns homes que lle berraban mentres ela camiñaba.
·Un dos sentimentos presentes da autora é por exemplo a angustia de camiñar soa pola rúa con toda a xente ríndose dela. Tamén aparece o sentimento de vergoña cara á sociedade, xa que se investigamos sobre a súa biografía ela era filla dun sacerdote e dunha muller solteira.
·Nos seguintes versos podemos percibir a angustia que expresa dunha nai, xa que non quere que os seus fillos a miren maltratada, polo tanto aparece unha das inxustizas sociais actuais, o machismo.
·Para rematar, xa nos últimos versos do poema, Rosalía expresa a tranquilidade da nai despois dun duro día, cando os seus fillos xa están durmindo na súa cama. A nai séntese tranquila xa que os seus fillos están en paz, olvidándose por unhas horas dos problemas da súa nai.
A XUSTIZA POLA MAN
Aqués que tén fama de honrados na vila,
roubáronme tanta brancura que eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en donde eu vivira;
sin lar, sin abrigo, moréi nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos..., ¡meus anxos...!, que tanto eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedéi deshonrada, mucháronme a vida,
fixéronme un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.
-¡Salvádeme, ou, xueces! -berréi... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendéume a xusticia. -
Bon Dios, axudáime -berréi, berréi inda...
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pilléi a fouciña,
rondéi paseniño... ¡Ne as herbas sentían!
I a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.
Miréinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe, ¡dun soio!, deixéinos sin vida.
I ó lado, contenta, sentéime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.
I estonces..., estonces cumpréuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man que os ferira.
Este poema tamén pertence á súa obra Follas Novas ten as segintes características:
·Na miña opinión, aparecen recursos que dan a entender unha violación nas oracións "a roupa de cote puñéronma en tiras". Na oración “roubáronme tanta brancura que eu tiña” pódese facer referencia a unha violación, xa que lle quitaron a pureza de virxinidade que tiña ata ese momento, ou tamén aoa nervios que tiña encima.
·Outra das inxustizas sociais que aparecen na obra é a fame, cando di "¡morreron, morreron ca fame que tiñan!"
·Outra inxustiza que aparece é o desaloxamento das persoas das súas casas por culpa da pobreza "Nin pedra deixaron en donde eu vivira"
·Ademais, tamén di que por moita que berre que a salven e a rescaten de tanta inxustiza, o xuíz vai facer caso omiso ás súas palabras.
·Para rematar, a escritora da a entender que pódese saír de todo, de todos os problemas que teñas, aínda que non o permitise a lei.
Nerea Rodríguez Gallego 4ESO
#LIBREOMEUPENSAMENTO.
Etiquetas:
ROSALÍA DE CASTRO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)