lunes, 7 de enero de 2019

LITERATURA S. XX: AS VANGARDAS (1900-1930)

PRESENTACIÓN VANGARDAS

Renovación RADICAL das linguaxes de todas as expresións culturais.

ORIXE:
 Naceron como resposta á fonda crise das artes que se deu naqueles anos.
 Pretenden reflectir as novas formas de vida moderna.
 Vontade de explorar novos camiños.
 Difusión das ideas a través de MANIFESTOS.
 Movementos diferentes / PERO trazos comúns:
 Oposición ás vellas formas.
 Procura de novos camiños expresivos
 Creación de técnicas novas (imaxes, colaxes, caligramas, etc., etc.).

FUTURISMO: Marinetti (1909)
Manifesto do futurismo
Reflectir o mundo moderno: exalta a velocidade, as máquinas, o perigo, a audacia.
Discurso esencial e libre.

CUBISMO: Guillaume Apollinaire
Pintura (Picasso): formas xeométricas; colase.
En literatura: caligramas (“pintar con palabras”).
Imaxes visuais (mediante a disposición tipográfica dos versos) e distorsións sintácticas para reflectir a libre reconstrución da realidad e.

CREACIONISMO: Vicente Huidobro
Eliminar o anecdótico e descritivo.
Carácter antinarrativo.
Antisentimentalismo.
Romper a secuencia temporal lóxica: instantaneísmo e simultaneísmo.
Humor e ironía.
Ortografía expresiva: caligramas, etc. .
-Presenta afinidades co Cubismo e coincide no esencial co Ultraísmo.

DADAÍSMO: Tristan Tzara (1916)
Negación de todo, revolta contra a sociedade e a cultura do momento.
Caos.

SURREALISMO: André Breton (1924)
Cuestiónase os valores establecidos e manifesta un forte compromiso político.
En literatura: escrita automática, humor, absurdo, elementos oníricos (= relativo ós soños).
En relación coas teorías de Freud.

AS VANGARDAS EN GALICIA
 Fonda renovación literaria, sobre todo, poética:
 O manifesto Máis Alá! (do poeta Manuel Antonio e o pintor Álvaro Cebreiro).
 Revistas (Alfar, Ronsel, Papel de Color, Cristal, Resol, Yunque).
 Pintura (Carlos Maside, Torres, Laxeiro, Seoane, Souto, Colmeiro).

A XERACIÓN DE 1925 

IMAXINISMO (HILOZOÍSMO):
Luís Amado Carballo:
-Proel -O galo
- Paisaxe humanizada.
+métrica sinxela.
Imaxes vangardistas

NEOTROBADORISMO
-Fermín Bouza Brey: Nao senlleira
-Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama ribeira.
Recupera as estruturas formais e mesmo temáticas da lírica medieval.

VANGARDISMO
- Álvaro Cunqueiro: Mar ao norde (~cubismo) / Poemas do si e do non (~surrealismo)
-Manuel Luís Acuña: Fírgoas
-Manuel Antonio: De catro a catro (~creacionismo). Asume as propostas dalgúns movementos de vangarda.



MANUEL ANTONIO: o poeta galego máis anovador PORQUE rompe co pasado poético galego e busca novas técnicas, por ex.: emprega o versolibrismo, anovadores efectos visuais para compoñer a páxina poética (é dicir, sangrados, caligramas, etc.), rompe coas coordenadas espazo-temporais usadas ata o momento e usa as diversas técnicas e novas implantadas polos distintos ismos das vangardas europeas (especialmente o ultraísmo e o creacionismo). Este autor é o exemplo galego máis claro da rebeldía futurista que proliferou en Europa nos primeiros anos do século XX.
O manifesto Máis Alá!, De catro a catro.

RAFAEL DIESTE: a renovación da prosa. Relatos: Dos arquivos do trasno, teatro: A fiestra valdeira. 


http://asvangardas.blogspot.com.es/

https://cadernodelingua.wordpress.com/2008/04/01/as-vangardas-artisticas/


MANS Á OBRA....

INTENTÁMOLO???…!!!


O obxectivo desta actividade céntrase en sintetizar os principais aspectos que caracterizan o movemento artístico de vangarda nas primeiras décadas do século  XX e ofrecer unha base sinxela e clara que nos permita comprender as actitudes e as formas do movemento artístico contemporáneo.

TAREFAS EN GRUPO

1. Realizar unha presentación que proporcione a información necesaria sobre as vangardas (definición, cronoloxía, principais movementos: orixe, manifestos, autores, exemplos de obras)

2. Explicación breve dos principais recursos creativos utilizados polos movementos de vangarda e creación de textos propios.

Grupo 1: Futurismo
·       Literatura vangardista: cadáver exquisito (aínda que usado tamén polos surrealistas):

-Página en inglés sobre el Futurismo: http://www.unknown.nu/futurism/

Grupo 2: Cubismo
·       Literatura vangardista: Caligramas.

Página oficial de Apollinaire. En francés: http://www.wiu.edu/Apollinaire/
Algunos caligramas de Apollinaire: http://www.ubu.com/historical/app/index.html

Grupo 3: Surrealismo
·       Literatura vangardista: Escritura automática.


Grupo 4: Dadaísmo
·       Literatura vangardista: poema dadaísta.


Grupo 5: Creacionismo
·       Literatura vangardista: greguerías

-Página sobre Ramón Gómez de la Serna, uno de los principales introductores de las Vanguardias en España: http://www.ramongomezdelaserna.net/

-Página homenaje a Ramón, con greguerías organizadas por temas: http://www.geocities.com/greguerias/
-Página sobre Vicente Huidobro, el otro gran introductor del Creacionismo en España: http://www.uchile.cl/cultura/huidobro/

Grupo 6: Ultraísmo
·       Literatura vangardista: linguaxes musicales (o “gíglico” e a “jitanjáfora”)
https://www.youtube.com/watch?v=c58RLkjA-3U

http://giglico.blogspot.com.es/2010/11/que-es-el-giglico.html
http://etimologias.dechile.net/?jitanja.fora
-Linguajes musicais: gíglico e jitanjáfora:

E, ademais, como enlace interesante para conseguir imaxes que ilustren a presentación ou traballo escrito, a seguiente páxina, que trata os movementos de vangarda desde o punto de vista da arte:
http://www.spanisharts.com/history/del_impres_s.XX/arte_sXX/vanguardias1/introdvanguard.html


TAREFA INDIVIDUAL

Valéndote do libro de texto, do blog de clase e destoutro blog: http://asvangardas.blogspot.com.es/, realiza un mapa mantal/ visual think sobre os diferentes movementos de VANGARDA e as súas características, autores representativos, obras… así como incluír un apartado no que consten as Vangardas en Galicia.

Podes facelo a man ou ordenador pero neste caso debes imprimilo e incluílo no teu caderno.

- O contido: nun mapa mental relacionamos ideas, non as explicamos.

- A selección: antes da elaborares o mapa cómpre que elixas os termos nos que se debe centrar a atención.


- A xerarquización: tes que ordenar os conceptos por orde de importancia ou inclusividade xa que deben estar dispostos indo do xeral ao particular.

- O impacto visual: unha vez que xa sabes o que queres que apareza e en que orde debes pensar na forma de representalo da forma máis simple e asemade atractiva (podes facelo en forma de visual thinking). 

- A presentación: agora xa estás en condicións de comezar coa elaboración definitiva do teu mapa, non esquezas que a orde e a limpeza son requisitos indispensables en calquera traballo académico.

miércoles, 21 de noviembre de 2018

XERACIÓN NÓS



XERACIÓN NÓS + AUTORES 

Formada polo chamado Cenáculo Ourensán, composto por Otero Pedrayo, Losada Diéguez, López Cuevillas e Vicente Risco, ao que logo se suma Castelao.
• Todos eles nacen arredor de 1885, en Ourense, teñen estudos universitarios, familias acomodadas, comparten o proxecto das Irmandades, colaboran no Seminario de Estudos Galegos e conflúen no Partido Galeguista.
•   Case todos os membros desta xeración explicaron a súa evolución ideolóxica: pasaron dunha actitude cosmopolita e individualista, afastada da realidade próxima (estaban vivin- do nas súas torres de marfil lendo autores europeos e intere- sados polas culturas máis arredadas e exóticas) a descubrir Galiza, facerse galeguistas e europeístas. 
• Dálles nome a revista ourensá Nós (1920-1936), na que Risco é director literario e Castelao director artístico.

• Nós é a publicación máis destacada deste período e nela, ao igual que no SEG, estúdase a cultura galega en todas as súas manifestacións dándolle cabida tanto a intelectuais galegos como europeos.
• A revista, vencellada ao pensamento nacionalista, pretendía normalizar o uso do idioma e elevalo dos usos orais á alta cultura. Mesmo a publicidade era maioritariamente en galego. Pretendeuse tamén que o seu deseño gráfico axudase a conseguir esa dignificación e a crear unha estética xenuinamente galega.
• Obxectivo: pór a cultura galega ao mesmo nivel das culturas europeas  e modernizando o discurso literario en todos os xéneros. Compártese a máxima do Partido Galeguista: Galiza, célula de universalidade” (lema no que a Xeración Nós resumiu a súa vocación europeísta e internacionalista)


ANTECEDENTES

(A partir min 20 aprox.)




A XERACIÓN NÓS (+ Risco e Otero Pedrayo)



CASTELAO

sábado, 3 de noviembre de 2018

DON JUAN TENORIO (ZORRILLA)

DON JUAN TENORIO (ZORRILLA)_PDF

José Zorrilla perteneció a una familia de ideales monárquicos absolutistas y comenzó sus estudios de Derecho que posteriormente abandonó. Empezó a ser conocido en el círculo literario a partir de que recitase en el funeral de Larra, unos versos en su honor en el cementerio . 

“Don Juan Tenorio”

La obra, de carácter romántico, es escenificada en muchos teatos en el Día de los Difuntos, rompe con la tradicional regla de las 3 unidades. Se caracteriza por una abundante cantidad de actos, que aparecen titulados. Su estructura externa se divide en dos partes:
  • La primera parte desarrolla una aventura humana y amorosa.
  • La segunda parte se centra sobre todo en el espíritu religioso y sobrenatural.
Ambas partes, se desarrollan cada una en una noche y existe una diferencia temporal de 5 años entre ellas.

Su personaje principal, Don Juan, presente en El Burlador de Sevilla (TIRSO DE MOLINA) , es un joven amoral, libertino, que va seduciendo a mujeres, da igual el número, que finalmente vive un encuentro sobrenatural desencadenando así el último momento de la obra, su salvación o condena eterna.
José Zorrilla, a diferencia de la obra barroca, se centra en una sola aventura amorosa y presenta a un personaje principal, en este caso Don Juan, que se arrepiente y consigue la salvación por medio del amor.
Su segundo personaje es don Luis Mejía, quien Don Juan acaba matando en la obra. Este personaje se ha visto como una representación del pecado de Don Juan. Por lo mismo, la muerte de Luis Mejía simboliza el final  de su vida pasada.
Doña Inés, el personaje opuesto a Don Juan, es quien aporta la bondad y la inocencia a la obra. Doña Inés es quien doblega la maldad de Don Juan y se le pinta muy próxima a la divinidad: un ángel de amor que es capaz de actuar como mediadora entre Dios y el mundo. En ella, José Zorrilla, intenta representar la creencia en la salvación del ser humano, reflejando la importancia que tiene para el ser humano, los valores de bondad y fe. También la posibilidad de encontrar el amor verdadero.

Un poco de la obra…

  • La apuesta: Don Juan apuesta con don Luis Mejía, su competidor, que en el plazo de seis días seducirá a Doña Inés, una novicia que está a punto de convertirse en monja, y también a Doña Ana, con la que don Luis va a casarse.
  • Don Juan consigue su propósito, pero se enamorada perdidamente de Doña Inés, raptándola. El Comendador, padre de Inés y don Luis buscan venganza. Don Juan, tras intentar una reconciliación con ellos sin éxito, los mata y tiene que huir de Sevilla. Es cuando Don Juan declara su verdadero amor a Doña Inés antes de la tragedia. De ahí estas famosas líneas: ¡Ah! ¿No es cierto, ángel de amor, que en esta apartada orilla más pura la luna brilla y se respira mejor?”.
  • Muerte y salvación: Cuando Don Juan regresa cinco años más tarde a Sevilla, su hogar, su palacio, recoge un pantéon que alberga los sepulcros de don Luis Mejía, el Comendador y de doña Inés, quien murió de tristeza. Al final de la obra, la estutua del Comendador, intenta arrastrar a don Juan al infierno, pero el espectro de doña Inés intercede por él, consiguiendo así su arrepentimiento y su salvación eterna.

RESUMEN DON JUAN TENORIO

DON JUAN TENORIO. ESCENA DEL SOFÁ


domingo, 28 de octubre de 2018

SAMAÍN


A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta. Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.
O cristianismo, adoptando o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como día de Todos os Santos, e no século XII, ao día seguinte como día de Defuntos.

A LENDA DAS CABAZAS


Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o maínzo e as cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas.
Os celtas foron uns antigos habitantes de Galicia. Un dos seus costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos. Xa hai moitos séculos que tal costume se perdeu, mais hoxe en día aínda fica a tradición de tallar unha caveira na cortiza dos melóns e poñer no seu interior unha candea que escentile pola noite.



Os celtas, antigos habitantes de terras galegas, tiñan un grande respecto polos mortos. Nas
súas caveiras poñían unha candea para que, ao escentilar pola noite, puxera medo no corazón da xente. Tal cousa facíana ao chegar os tempos escuros do ano, que ao andar o tempo, foi transformándose na festa dos defuntos. Hoxe en día xa non se practican tales crenzas, mais ao longo do tempo mantívose un costume derivado destas: tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha candea no seu interior.

TRÍPTICO SAMAÍN:

http://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1656324&name=DLFE-10519.pdf

MÁIS RECURSOS SAMAÍN BLOG ENDL




VARIEDADES LINGÜÍSTICAS DO GALEGO


Unidade e variantes do galego

Todas as linguas teñen distintas formas de falarse: unha estudante, un mariñeiro e unha médica, falando galego, falan os tres unha mesma lingua mais non falan os tres igual. Cada persoa utiliza palabras, expresións e formas de pronunciar diversas. Quen cres que usará con maior frecuencia expresións como "tocar fondo", "navegar contra corrente" ou "dar bandazos"? Quen terá como habituais na súa lingua termos do estilo de "molar", "guapo" (no sentido de bo) ou "malote"? E quen cres que en lugar de dicir "ter gases" pode usar a expresión "sufrir de meteorismo"?.
Ás distintas maneiras de falar unha mesma lingua chamámoslles variedades ou variantes lingüísticas e débense a diversos factores ou causas:
  • a época histórica: por exemplo, na actualidade non se fala o galego igual que na Idade Media ou hai 200 anos.
  • o lugar: non se fala o mesmo, poñamos por caso, en Ourense (onde se di por exemplo irmao ou luz) ca en Vigo (onde esas mesmas palabras se pronuncian irmán e lus)
  • os estudos e a profesión da persoa que fala: unha persoa sen formación académica ou unha con formación.
  • a utilización concreta que se fai da lingua, é dicir, con quen falamos e para que o facemos: non falamos exactamente o mesmo cando nos diriximos aos colegas no patio de recreo ca cando o facemos na clase diante dunha profesora ou cando lle pedimos algo aos pais.
Esas distintas maneiras de falar non son incorrectas; ao contrario, non sería normal que todos falásemos igual en todas as circunstancias.

En resumo, as variedades dunha lingua son as seguintes:

 diacrónicas ou históricasas que dependen do período da historia 
 diatópicas ou dialectosas que teñen que ver co lugar xeográfico onde se fala a lingua 
 diastráticas ou niveisas que se deben á formación e profesión da persoa que fala 
 diafásicas ou rexistrosas que se orixinan pola utilización concreta que facemos da lingua.

Icona iDevice 

Actividade

Aquí tes dous pequeniños exercicios para axudarche a lembrar o que acabas de ler.





Esta curta é un bo exemplo de que a falta de dominio dunha variedade lingüística ás veces convértese nunha verdadeira barreira para a comunicación humana.



Os Bolechas. "Gatiños, ghatiñas, gatíos. Xeitos de falarmos galego"

ACTIVIDADES VARIEDADES

Os rexistros

As variedades contextuais ou rexistros son debidos a diversas causas; entre outras, ás seguintes:
  • relación entre as persoas que falan: dúas persoas amigas falan entre si de xeito distinto a como o farían se estivesen entre xente descoñecida; se falamos na casa, cos nosos familiares directos, non o facemos igual ca se estamos na consulta do médico ou no despacho da directora.
  • o tema de que se fala: segundo sexa o tema usamos distintas palabras máis precisas ou máis xenéricas; se falamos dunha dor que temos no ventre diremos que nos doe a "barriga"; pola contra nunha lección de ciencias sobre o corpo humano falaremos de "abdome".
  • o uso da lingua oral ou da lingua escrita: esta adoita ser máis coidada e elaborada que a lingua oral, máis espontánea.
Tendo en conta estes e outros factores distinguimos dous rexistros:
Formal Coloquial ou Informal 
 Pronuncia máis coidadaPronuncia máis espontánea, por exemplo con supresión de fonemas: en lugar de "para" úsase pa; en lugar de imos para adiante > imos pa diante.
Vocabulario preciso e variado
Uso de termos técnicos
Léxico menos variado.
Uso frecuente de frases feitas
Uso de palabras "comodín", é dicir, que adquiren diversos significados segundo o caso: cousa, chisme, aquelar...
 Pronunciación de acordo coa lingua común ou estándarPronunciacións e formas dialectais: seseo, formas rematadas en -ao en palabras como irmao etc.
 Emprégase nas clases, nos medios de comunicación, en moitos traballos etc. Úsase nas conversas de familia e de amizade; en xeral, cando se fala con persoas de confianza e en grupos reducidos.
Lembra: debes saber alternar os dous rexistros segundo a situación na que esteas.
Icona iDevice

Actividade de lectura 1

Fun tamén violinista. Non, muller, non tocaba. Eu só amagaba nun anuncio de televisión. E ainda che cobrei bastante por non facer nada! Porque a min, a min o que me gusta é rascar a barriga. Aqui parezo moi aplicado pero eu, bah, se puidera non traballar. Traballar moito non é bo para o corpo. Dígocho eu. Pedín a baixa permanente pola urticaria e case me botan fóra da mutua por desvergonzado. Ai, que mal lle pareceu, que mal lle pareceu, non me quero acordar... Para que vira que son boa persoa expliqueille que era voluntario de Protección Civil. Vaia, só para o fútbol e para os concertos de verán. Pasas de balde! Ás veces dan un bocata e coñeces xente. Fuches ao concerto de Fito & Fitipaldis? Soldadito marinero, conociste a una sireeeeenaaaaa.
Rosa Aneiros: Ás de bolboreta (adaptación)

Despois de leres atentamente o texto anterior e anotares no teu caderno as palabras que non coñezas co seu significado, usando o dicionario, debes explicar se consideras que este texto é dun rexistro formal ou coloquial. No botón seguinte podes ver unha serie de preguntas que poden valerche de axuda para a resposta. Podes comezar por respondelas.

Icona iDevice

Actividade de lectura 2

"HOUBO entre os beduínos de Arabia un gran señor, un sayyid, que salientou pola súa bondade e pola súa xenerosidade. O home, que gobernaba a tribo dos Banû 'Amir, era respectado como un califa entre os seus. Malia a súa riqueza, non lograba ser feliz porque había algo do que se sentia privado: desexaba un filio herdeiro que perpetuase a súa estirpe. Logo de moitos rogos, Alá satisfixo o seu desexo cun precioso neno a quen chamou Quays.
O rapaz, fermoso como a lúa chea, medrou nun ambiente de luxo e comodidade. Gustáballe extraordinariamente o estudo e axiña se converteu nun dos mellores discípulos do seu mestre. A aprendizaxe era rápida e fecunda ata que algo máis poderoso que os libros absorbeu toda a súa atención. Ela chamábase Layla. Era unha rapariga esvelta coma un ciprés. Os seus ollos de gacela poderían traspasar mil corazóns cunha soa ollada e cun só pestanexo daria aniquilado a todo un exército. A sombra escura do pelo non agochaba a beleza dun rostro que irradiaba luz ata cegar aos mais escépticos espectadores. Quays e Layla namoraron perdidamente..."
Rosa Aneiros: Ás de bolboreta

1. Como clasificas este texto, no rexistro coloquial ou no formal?
2. Localiza expresións do texto que xustifiquen a túa resposta.
3. Poderías dar algunha equivalencia desas mesmas expresións no outro rexistro?
Se precisas axuda para comezar preme no botón seguinte.


Icona iDevice

Actividade

Unha característica do rexistro coloquial é a abundancia en frases feitas. Aquí tes dez desas expresións; serache doado relacionalas co seu significado.
Despois de realizar o exercicio, escolle cinco desas expresións e escribe un texto onde as utilices correctamente. 
Analicemos as variantes dialectais do galego:



VARIEDADES DATÓPICAS OU XEOGRÁFICAS

Pero que é o que nos une a todos os falantes dun mesmo idioma?


Para escoitar as variantes xeográficas ou diatópicas que presenta o galego en diversas zonas que non pertencen á Comunidade Autónoma de Galicia traemos aquí varios vídeos. O galego quie vas a escoitar serían dous exemplos do galego do denominado bloque oriental:
Para a zona de Asturias do Eo-Navia:



Para a zona do Bierzo e as Portelas en León e Zamora:



Podemos ver outro dos fenómenos dilectais máis característicos: a gheada



Outro dos fenómenos do galego occidental é o seseo:

TAREFA

ACTIVIDADES A PARTIR DO DOCUMENTO 1:
  1. 1. Despois de mirar os mapas deste documento, indica cal dos trazos dialectais do galego é decisivo na configuración dos tres bloques dialectais. 
ACTIVIDADES A PARTIR DO DOCUMENTO 2:
  1. 1.  Despois de mirar a presentación, elabora un esquema (mapa) coas características dialectais máis destacadas de cada un dos bloques lingüísticos do galego. Delimita as isoglosas Pon exemplos








ACTIVIDADES A PARTIR DO DOCUMENTO 3:
1. Comenta os trazos dialectais presentes nos seguintes etnotextos do BLOQUE OCCIDENTAL:
  1. 1983-Marín: Muiñeira
  2. 1985-Mazaricos: Cousas do demo
  3. 1986-Tomiño: Varios textos
  4. 1995-Ribeira: A pesca no banco sahariano
2. Comenta os trazos dialectais presentes nos seguintes etnotextos do BLOQUE CENTRAL:
  1. 1975-Allariz: O rato do monte e o rato do muíño
  2. 1984-Vilalba: O falar fino
  3. 1995-Chantada: Vacacións en Ibiza
3. Comenta os trazos dialectais presentes nos seguintes etnotextos do BLOQUE ORIENTAL:
  1. 1976-A Veiga (Asturias): Os movementos asociativos no campo
  2. 1984-Candín (León): Varios textos
  3. 1990-Lubián (Zamora): Varios textos
  4. 1990-Hermisende (Zamora): Varios textos





DOCUMENTO 4: MAPA DAS ÁREAS LINGÜÍSTICAS DO GALEGO (Pódese ver a maior resolución aproximando a lupa)
ACTIVIDADES A PARTIR DO DOCUMENTO 4:
  1. 1. Axudándote do documento 4, indica a que áreas lingüísticas pertencen os textos comentados no documento 3.


MÁIS….

DOCUMENTO 6: RECOLLIDA ORAL

  1. 1.  Grava varias persoas da túa contorna falando e analiza os seus trazos dialectais.