Mostrando entradas con la etiqueta GALEGO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GALEGO. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de septiembre de 2018

FONÉTICA E FONOLOXÍA 4º ESO

Fonética e Fonoloxía

A Fonética e a Fonoloxía son dúas disciplinas que se ocupan do estudo do material fónico das linguas.
A Fonética encárgase do estudo dos sons como material acústico que constitúe a base da linguaxe humana e describe a realización fisiolóxica e as cualidades físicas que presentan eses sons.
A Fonoloxía estuda os fonemas da linguaxe, é dicir, as unidades lingüísticas básicas que se opoñen para permitir diferenciar signos distintos.
O galego estándar conta con 27 fonemas: 7 vocálicos e 20 consonánticos. Estes fonemas descríbense atendendo a tres criterios:
  • O modo de articulación: É o xeito en que se modula o son, opoñendo (ou non) unha serie de obstáculos por parte dos órganos articulatorios á saída do aire. Nas vogais o modo de articulación relaciónase coa abertura.
  • O punto de articulación: Refírese ó lugar onde se produce o son.
  • Sonoridade: Un fonema é sonoro se na súa emisión vibran as cordas vocálicas, e é xordo se non vibran.

Fonema, son e grafía

O Fonema é o elemento mínimo distintivo que non se pode dividir en unidades menores e que permite distinguir palabras. Os fonemas poden ser vocálicos ou consonánticos.
O son refírese ás unidades fonéticas concretas pronunciadas por cada individuo en calquera acto de fala.
A grafía é a representación dos fonemas na escritura, as letras.
FONÉTICA DO GALEGO_INTERACTIVO

SISTEMA VOCÁLICO DO GALEGO

SISTEMA CONSONÁNTICO DO GALEGO

EXERCICIOS FONÉTICA

VOGAIS ABERTAS/PECHADAS

ACTIVIDADE FONÉTICA CONSOANTES

1. VOGAIS:

  i vogal anterior alta (pechada)

 e  vogal anterior media-alta (media-pechada)

 ɛ  vogal anterior media-baixa (media-aberta)

 a  vogal central baixa

 ɔ  vogal posterior media-baixa (media-aberta) arredondada 

 o  vogal posterior media-alta (media-pechada) arredondada

 u  vogal posterior alta (pechada) arredondada

 2. CONSOANTES: 

p consoante oclusiva bilabial xor da LETRA: p

 b consoante oclusiva bilabial sonora LETRAS: v,b

 t consoante oclusiva dental xorda LETRA: t 

d consoante oclusiva dental sonora .LETRA: d

k cons. oclusiva velar xorda.LETRAS: c(a,o,u),qu,k

 ɡ consoante oclusiva sonora.LETRA: g

 t͡ʃ consoante africada postalveolar LETRA: ch

f consoante fricativa labiodental xordaLETRA: f

 θ consoante fricativa interdental xordaLETRA: z,c(e,i)

 s consoante fricativa apicoalveolar xordaLETRA: s (e seseo

ʃ consoante fricativa lámino-postalveolar xordaLETRA: x

 ħ consoante fricativa farínxea xordaLETRA: gh(gheada)

 m consoante nasal bilababial LETRA: m

n consoante nasal alveolarLETRA: n

 ɲ consoante nasal palatal LETRA: ñ

ŋ consoante nasal velar LETRA: nh, n(seguida de g,k),-n

r cons. rótica vibrante múltipleLETRA: r- , rr,r(precedida de n)

 ɾ consoante rótica batida simpleLETRA: -r

l aproximante lateral alveolar LETRA: l

ʎ aproximante lateral palatal LETRA: ll .

3. SEMIVOGAIS

j aproximante semivogal palatal: CANDO O I APARECE EN DITONGOS

w aproximante semivogal labiovelar: CANDO O U APARECE EN DITONGOS

domingo, 12 de junio de 2016

MICRORRELATO

MARÍA FONSECA 3º ESO B
Puidemos querernos moito, máis do que dúas persoas se quixeron xamais.- Reclamoulle ela.- E, sen embargo, contentámonos con non odiarnos demasiado.
Descaradas bágoas loitaban con fiero aínco por desprenderse dos seus ollos, pero a súa mirada era firme, non había debilidade algunha, e el admirouna por iso, secretamente sempre o fixera.
-Pero segues aquí.- Recordoulle el.
-Non son un soldado- soltou ela- non quero selo, xa non. Son unha guerreira, non un soldado- repetía para sí mesma.- Só quería que o souberas.


E el creuna, que máis podía facer cando o estaba a mirar da maneira na que o facía?

Ambos dirixiron a vista á fronte, tímidas luces aparecían para substituír o día, pero ningún deles conseguiu distinguilas entre tanta escuridade.

----------

O abrasador lume, os imparables golpes, os inintelixibles berros...
Infinitas e lúcidas secuencias sucédense na miña mente.
O día apágase, agochándose veloz no horizonte, o absurdo impulso de perseguilo invádeme, pero eu non me movo, quedo estática, o meu rostro, impertérrito, limítome a ver pasar os coches e a xente, a envexa carcómeme, todos tan alleos, sempre con présa, sempre correndo, ninguén ten tempo para fixarse en min, tan inmóbil, tan fría. 
As luces empezan a prenderse, a cidade esperta coma cada noite mentres eu afogo na máis absoluta escuridade.
MARÍA FONSECA 3º ESO B