lunes, 17 de abril de 2017

REXURDIMENTO (S. XIX)



O Rexurdimento iníciase co Galeguismo en 1833 e vive a súa primeira etapa, a dos Precursores, até a publicación de Cantares Gallegos en 1863. A segunda etapa é a do Rexurdimento pleno e abrangue até 1888, ano da publicación de O divino sainete de Curros Enríquez, considerada a derradeira grande obra desta época, pois en 1885 xa publicara Eduardo Pondal a súa última obra Queixumes dos pinos, e Rosalía de Castro morrera nese mesmo ano. A terceira etapa é a do Período finisecular e abrangue até 1916. 


En resumo:
De 1833 a 1863_______ Rexurdimento. Precursores.
De 1863 a 1888_______Rexurdimento pleno.
De 1888 a 1916 ______ Rexurdimento. Período finisecular.


Prerrexurdimento: referímonos ao labor reivindicativo e de denuncia da situación que está a atravesar Galiza por parte dos Ilustrados do século XVIII  e daquelas voces que continuaron o seu labor no século XIX antes da publicación de Cantares gallegos no 1863.









COMPLETA O SEGUINTE ESQUEMA:
REXURDIMENTO (s. XIX)
AUTOR
ROSALÍA DE CASTRO
CURROS ENRÍQUEZ
EDUARDO PONDAL
DATOS BIOGRÁFICOS









OBRA
Cantares gallegos (1863): Inicio do Rexurdimento pleno.







Follas Novas (1880): temática social e intimista




Aires da miña terra (1880): mestura a temática social coa costumista.







O divino sainete: critica aos poderosos
Queixumes dos pinos (1885): fala do pasado glorioso de Galicia.







Os eoas: sobre os galegos no descubrimento de América
TEMÁTICA
- COSTUMISTA: describe os costumes, tradicións do pobo



- CÍVICO-PATRIÓTICA: denuncia a marxinación



- INTIMISTA: manifesta os seus sentimentos


- COSTUMISTA: recrea lendas populares




- CÍVICO-SOCIAL: critica a opresión



- INTIMISTA: manifesta sentimentos
- CÍVICO-PATRIÓTICA: a figura do bardo lembra o pasado galego



- LÍRICA: a muller e a natureza son os temas principais
LINGUA
- Dialectalismos da zona de Padrón, seseo, etc
- Castelanismos

- Galego de Celanova, dialectalismos propios
- Galego culto
- Dialectalismosde Bergantiños
MÉTRICA
- Tradicional: copla
- Innovadora: mestura arte maior e menor
- Rima consonante
- Uso de estrofas cultas
- Versos cultos de arte menor
- Octava real

RECURSOS
- Paralelismos                          - Anáforas
- Metáforas                               - Símbolo
- Paralelismo                                  -Anáfora
- Comparación
- Paralelismo                             - Epíteto
- Metáfora                                  - Símbolo
- Hipérbato

OUTROS









COMENTARIO TEXTOS LÍRICOS
1.      Comprensión do texto
2.     Localización. Contextualización (autor, obra, época, movemento literario, xénero literario).
3.     Análise do contido: tema - resumen.
4.     Análise da estrutura: MÉTRICA (estrutura externa) / SEMÁNTICA (estrutura interna)
5.     Comentario estilístico (sempre xustificando, poñendo exemplos do texto):
         1. Nivel fónico: verso, rima, rima e estrofa. Relacionar co movemento literario. Figuras retóricas baseadas no son (onomatopea, aliteración): exemplos e con que finalidade se utilizn.
        2. Nivel morfosintáctico: Predominio dunhas categorías gramaticales sobre outras. Sinalar que valor teñen. Tempos verbais que dominan e por que. Predominio da oración simple (estilo sinxelo) oración composta (complexidade). Figuras do plano morfosintáctico  (exemplos e valor)
        3. Nivel léxico- semántico: Palabras clave, presenza de palabras compostas, derivadas, valor connotativo dalgúns termos, sinónimos, antónimos...  Figuras e tropos do plano léxico-semántico. Poñer exemplos e indicar por que están no texto.

6.     Conclusión


LOCALIZACIÓN – CONTEXTUALIZACIÓN

O presente texto é obra de                  …                               , poeta (autor, novelista….) do século …                    , célebre por      …                               e entre cuxas obras destacan    …

O poema que comentamos pertence á súa obra …                                         destacada por tratarse de ……….                             

A obra deste autor insírese no movemento… (época…) caracterizada por…..                      


TEMA

O texto (poema, fragmento, relato,….) que nos ocupa trata o tema de…..

Nel, o autor conta …..

ESTRUTURA EXTERNA

Pola súa estrutura externa, os versos do poema constitúen un ……, é decir, unha composición formada por…. versos, de rima ….. , distribuídos en ……. A rima da estrofa asustase ao esquema…..

ESTRUTURA INTERNA

Pola súa estrutura interna podemos dividir o poema en … parte.
A primeira comprende os versos….. e neles o poeta…..
A segunda abrangue….

COMENTARIO ESTILÍSTICO

En canto ao estilo, o poema comeza cun…. A continuación… Na primeira estrofa o poeta válese de….  SEMPRE XUSTIFICANDO E EXEMPLIFICANDO AS FIGURAS LITERARIAS

CONCLUSIÓN
En conclusión,  este poema …

O obxectivo do autor…


Relación coa época movemento… 

EXEMPLO COMENTARIO

Cando no escarpado 
Ougal apunta a soa floriña, 
anunciando ao cazador
do ano a estación garrida; 

cando da doce Fungar
ás curvas praias marinas
en nó tecido voando 

chegan as lixeiras píllaras; 
entonces do bardo a alma 
que soña entre as uces irtas, 
apoiado na súa arpa,
en donde o vento suspira; 
mentres que os fillos dos homes 
danse ás faenas da vida, 
entonces do bardo a alma
visita a melancolía.


COMENTARIO
O Rexurdimento das letras galegas veu da man de tres grandes figuras literarias: Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Pondal, autor do poema que nos ocupa, naceu en Ponteceso en 1835. A co- marca de Bergantiños será determinante na súa obra, pois estas terras van ser escenario e protagonistas do mundo mítico que recreará nos seus poemas.

A composición de Pondal motivo de comentario leva por título «A alma do bardo» e é unha primeira versión do poema «Cando no escarpado cabo» incluído en Queixumes dos pinos (1886), obra clave do escritor que recolle gran parte da súa produción poética. No seu afán por dotar a Galicia dun pasado glorioso, que dignifique a historia do pobo galego fronte á cultura dominante procedente de Castela, os poemas de Queixumes dos pinos constitúen unha sucesión de cantos que recollen a memoria mítica de Galicia e proxéctana cara a un futuro esperanzador.

O poema, composto por dezaseis versos, pode dividirse en dúas partes con dous motivos principais. A primeira parte correspóndese cos oito primeiros versos; nela, a presenza da natureza propia da obra de Pondal é a protagonista. A paisaxe pondaliana está representada por unha natureza áspera e esquiva, pre- sente no poema (escarpado Ougal, uces irtas). Os topónimos empregados (Ougal, Fungar) sitúan a compo- sición nas terras de Bergantiños, escenario, como xa apuntamos, do seu mundo literario.
Na segunda parte (oito últimos versos) aparece o motivo central da composición: a figura do bardo. O bardismo, ligado ao celtismo, é un dos motivos principais da obra do bergantiñán. O propio Pondal, chamado entre os seus contemporáneos o Bardo das letras galegas, considérase a si mesmo o vate elixi- do para instruír o pobo galego e liberalo da súa escravitude. Baixo esta consideración, a figura do bardo amósase como un trasunto do poeta. No poema fica presente a concepción aristocrática da figura do vate (o bardo oponse a «os fillos dos homes»), un ser elixido entre o resto dos mortais para guiar o pobo. Este destino fatal é o motivo de que a figura do bardo acostume a aparecer ligada á saudade, tal e como sucede nos versos que nos ocupan: mentres que os fillos dos homes / danse ás faenas da vida / entonces do bardo a alma / visita a melancolía.

Canto aos recursos estilísticos, o máis salientable é a presenza de hipérbatos, propios da poesía de Pon- dal (do ano a estación garrida; entonces do bardo a alma); a anáfora entre o primeiro e o quinto verso (Cando no escarpado Ougal.../ Cando da doce Fungar...) e a repetición do verso en que se inspira o título do poema (entonces do bardo a alma). Propio da épica é o recurso de substituír un substantivo por unha perífrase (a estación garrida = primavera; a soa floriña = a camariña).
Canto á métrica, está composto por versos octosílabos onde predomina a rima asonante. Pondal, coa súa obra, perseguía dous obxectivos fundamentais: no aspecto lingüístico, pretendía dignificar a lingua galega e convertela nun idioma culto. No aspecto literario, tentaba arredarse do realismo e costumismo predominantes na época para procurar as raíces prehistóricas de Galicia coa mesma intención de dignificar a nosa cultura. O intelectualismo presente na súa obra fixo que en vida non gozase do mesmo recoñecemento e aceptación popular que tiveron Rosalía e Curros, recoñecemento que se supliu co paso dos anos, cando pasa a ser referente de importantes poetas. 

COMENTARIO CURROS. A CHEGADA DO TREN


COMENTARIO
Manuel Curros Enríquez é, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, un dos máximos expoñentes do Rexurdimento da literatura galega. O que caracteriza a obra de Curros Enríquez é que concibe a poesía como un instrumento a través do cal se poden poñer de manifesto e denunciar as inxustizas sociais que minguaron a liberdade e o progreso de Galicia. A obra de Curros foi a iniciadora dunha liña social-pa- triótica na poesía galega que tivo grandes cultivadores na nosa literatura como pode ser o caso do poeta, celanovés coma Curros, Celso Emilio Ferreiro.
«Na chegada a Ourense da primeira locomotora» é unha das composicións de Aires da miña terra (1880), poemario que recolle gran parte da produción poética do autor. No libro diferéncianse catro liñas temáticas fundamentais: a liña social, a costumista, a narrativa e a lírico-intimista; o poema que nos ocupa pertence á primeira das liñas mencionadas.
Neste poema Curros Enríquez expresa a defensa das ideas de progreso e liberdade que se opoñen ta- xativamente ás ideas da Igrexa católica. Para Curros, a Igrexa representa os valores das clases dominantes, a oposición ao progreso, así como o mantemento do sistema foral, do cal esta institución era a principal beneficiaria, co que isto supuña de freo para o avance social e económico do agro galego e de Galicia en xeral. Esta idea exponse no poema a través dunha serie de símbolos. A locomotora simboliza a redención, o progreso, a luz e a riqueza; por oposición, a catedral –asociada aos abades e aos cregos– simboliza a dema- goxia, o inmobilismo, o fanatismo e a pobreza. Outro elemento presente no poema é o río, que simboliza a historia e o movemento.
En «Na chegada a Ourense da primeira locomotora» podemos diferenciar tres unidades estruturais dependendo do destinatario ao que se dirixe o eu lírico. A primeira unidade comprende as catro primeiras estrofas. O eu lírico diríxese a mozos, mozas, rapaces e vellos para anunciar a chegada da locomotora (¡Vin- de vela, mociños e mozas! / ¡Saudádea, rapaces e vellos!). Nesta primeira parte xa aparece exposta a oposición progreso/Igrexa que comentabamos anteriormente. Así, a locomotora é sinal de tempos mellores (Por onde ela pasa / fecunda os terreos, / espértanse os homes, / florecen os eidos), e identifícase cunha virxe, mais cunha virxe ligada ao progreso e afastada da Igrexa católica (parece unha Nosa Señora, / unha Nosa Señora de ferro. / Tras dela non veñen / abades nin cregos, / mais vén a fartura / ¡e a luz!, ¡e o progreso!).
A segunda unidade estrutural abrangue a quinta e a sexta estrofa. Neste caso, o destinatario é a Cate- dral, que aparece ligada ao fanatismo relixioso (Catedral, demagogo de pedra, / dun pobo fanático erguida no medio, / repenica esas chocas e campanas / en sinal de alegría e contento). Por último, a terceira unidade confórmana as dúas últimas estrofas, nas cales o destinatario é o río. Nesta parte a locomotora volve identi- ficarse cunha figura relixiosa, neste caso Cristo: que a máquina é o Cristo / dos tempos modernos. A fe cristiá na mordenidade debería ser substituída pola fe na máquina, isto é, na ciencia.
Canto aos recursos estilísticos, cómpre salientar a reduplicación da fórmula velaí vén no verso (velaí vén, velaí vén avantando) e a repetición que se establece entre o primeiro e o noveno verso (velaí vén, velaí vén avantando e velaí vén, velaí vén tan houpada). O ritmo do poema tamén se consegue a base de repeticións das mesmas estruturas sintácticas (mociños e mozas e rapaces e vellos; fecunda os terreos, espértanse os homes, florecen os eidos). Tamén cómpre nomear a utilización do polisíndeto en cómaros e corgas e vales e cerros ou en mais vén a fartura / ¡e a luz! ¡e o progreso!, recurso que lle imprime dinamismo ao poema. O esquema métrico é –a –a, e altérnanse en cada estrofa versos de arte maior (de 10, 11 e 12 sílabas) e de arte menor (de seis sílabas).
Este poema recolle as características máis destacadas da obra de Curros: o compromiso do poeta coa defensa dos dereitos dos cidadáns, a defensa de Galicia e o anticlericalismo progresista. 

lunes, 20 de marzo de 2017

SOCIOLINGÜÍSTICA. LINGUAS CRUZADAS


SOCIOLINGÜÍSTICA

¿En que idioma fala a mocidade e por que? ¿Perduran os estereotipos? ¿Existe conflito por culpa da lingua? ¿Que lle falta ao galego para estar normalizado? Este documental afonda na cuestión sociolingüística a través da xente nova, da primeira xeración da historia que tivo o galego como lingua oficial, co convencemento de que as experiencias e opinións desta xeración son clave para entendermos o estado actual da lingua e os retos para o futuro.

Linguas Cruzadas from A Decolonial on Vimeo.

lunes, 6 de marzo de 2017

MODERNISMO Y GENERACIÓN DEL 98

A finales del S.XIX surge una corriente de pensamiento que proclama una actitud nueva y renovadora ante la vida y el arte: el Modernismo.
En España, un sentimiento de desencanto tras el “Desastre del 98” dará lugar a un movimiento llamado: Generación del 98.
Ambos movimientos, coincidentes en el tiempo y en la esencia, difieren en la dimensión cosmopolita del primero frente a la preocupación por España del segundo.
Los máximos exponentes de estos movimientos son:
-    Rubén Darío: precursor del Modernismo literario.
-    Antonio Machado: poeta modernista y noventayochista.
-    Unamuno: novelista y ensa
yista.
-    Ortega y Gasset: filósofo y ensayista.
-    Juan Ramón Jiménez: poeta
-    Ramón Pérez de Ayala: novelista

1. Exposición oral y vídeo modernismo y generación del 98

2. Visualización de VÍDEOS sobre algunos  autores

3. En la página web http://antologiapoeticamultimedia.blogspot.com.es/ Antología Poética Multimedia escuchamos tres poemas:
-          Canción de otoño en primavera de Rubén Darío.
-          Retrato de Antonio Machado.
-          Desnudos de Juan Ramón Jiménez.

4. Páginas de información y diversas actividades sobre la Generación del 98 y el Modernismo
http://lasombradelmembrillo.com/recursosliteratura/modernismoy98/index.html
http://conteni2.educarex.es/mats/11786/contenido/home.html
http://clic.xtec.cat/db/jclicApplet.jsp?project=http://clic.xtec.cat/projects/genera98/jclic/genera98.jclic.zip&lang=es&title=La+generación+del+98

5.  Página con teoría, textos para comentar y actividades interactivas:
http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/4esolengualiteratura/quincenas/q_8.html

IMPORTANTE: Debéis entrar en esta página web que contiene  teoría, textos para comentar y
actividades interactivas: Se trata de una página muy completa, con textos en verso y en prosa que podéis leer y escuchar, actividades interactivas que podéis corregir vosotros mismos e incluso tenéis la opción de repetir con preguntas nuevas y comentarios de texto que tenéis que realizar y enviarme
para su corrección:
colexiolainmaculada@gmail.com

5. Comprobamos lo que hemos aprendido realizando un test de autoevaluación:
http://webs.ono.com/literaturas/literatura4eso_evalua2c.html
http://www.creartest.com/hacertests-71936-Generacion_del_98.php
http://www.daypo.com/test-modernismo-generacion-98.html
http://www.daypo.com/test-modernismo-generacion-98-1.html
http://www.daypo.com/test-modernismo-generacion-98-1.html
http://www.daypo.com/test-modernismo-2.html
http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/16344/modernismo_y_generacion_del_98.htm
http://www.testeando.es/test.asp?idA=26&idT=tbdfanur
http://conteni2.educarex.es/mats/11786/contenido/test1.html

**** EVALUACIÓN: Revisión de los trabajos enviados:
           
-          Comentario de texto de Caupolicán de Rubén Darío, de un fragmento de Niebla de Miguel de Unamuno y de dos poemas de Antonio Machado: Hacia un ocaso brillante y A orillas del Duero.
-  Test de comprobación de contenidos

Más información:
http://lengualiteraturalarraona.wikispaces.com/MODERNISMO+Y+GENERACIÓN+DEL+98


Empezamos…



ACTIVIDAD: ¿MODERNISMO O GENERACIÓN DEL 98?

‪ Renuevan y modernizan la literatura

Desarrollo en la literatura castellana.

Desarrollo en Hispanoamérica, en España y ligado a otras corrientes europeas.

Constituyen una misma generación cronológica
‪Reflejan la crisis de fin de siglo, el desarraigo existencial

Cosmopolitismo.

Centrado en España, especialmente en Castilla.

Su objetivo es crear belleza.

Su objetivo es analizar la realidad.

Interés por temas mitológicos y exóticos.
 Espíritu de rebeldía

‪Deseo de cambio
Interés por temas sociales y políticos.

Evasión hacia lo lejano o hacia el intimismo.

Denuncia de la decadencia social y moral.

Estilo esteticista, sensorial, refinado y aristocrático.
 Abundancia de recursos retóricos.

Estilo sobrio y austero. Escasez de recursos retóricos.

Inventa neologismos y utiliza cultismos.

Gusto por los arcaísmos y palabras dialectales.

Predominio del verso. Lírica: nuevas formas y ritmos.

Predominio de la prosa. Desarrollo del ensayo y de la novela.

Esteticismo junto a un tono más existencial.
 ‪Algunos escritores cultivan ambos estilos literarios, por lo que pueden considerarse movimientos cercanos

Autores: Rubén Darío, Manuel Machado
Primera etapa de Antonio Machado, Juan Ramón Jiménez y Valle-Inclán.


Autores: Miguel de Unamuno, Pío Baroja, Azorín, Ramiro de Maeztu.
Antonio Machado, Valle-Inclán.



















REPASO EXAMEN
ORACIONES ADJETIVAS O DE RELATIVO

jueves, 2 de marzo de 2017

SÉCULOS ESCUROS

Denomínanse Séculos Escuros os anos que van desde finais do século XV ata finais do XVIII, durante os que a literatura galega entra no período de maior declive da súa historia e a lingua deixa de usarse nos rexistros formais e nos ámbitos oficiais. Durante este período non podemos falar con propiedade de “Literatura galega”, senón máis ben de manifestacións literarias en galego, xa que son puntuais e en xeral non destacan por presentar grandes valores literarios, por non falar da súa escasa ou nula transcendencia dentro do ámbito cultural da época. De todas formas cómpre facer unha distinción entre o século XVIII e os precedentes, xa que a presenza das ideas da Ilustración en Galiza supuxo o inicio dun cambio para a situación do país e da lingua, se ben estes anos se caracterizan igual que os anteriores pola pobreza de mostras literarias no noso idioma. Non obstante, os ilustrados van ser o precedente necesario para o cambio de rumbo que se opera no s. XIX co Rexurdimento, pois son eles os primeiros que teñen conciencia da situación de atraso que padece Galiza e da necesidade de poñer os medios para saír desta situación, ademais de facer unha defensa da singularidade da realidade galega fronte as ofensas das que é obxecto por parte de Castela.

CAUSAS DA DECADENCIA
A decadencia da lingua e da literatura galega hai que situala no contexto dunha crise máis ampla que afecta a Galiza en todas os ámbitos, e que acabará por sumila na pobreza e na dependencia de institucións alleas, contrarias aos intereses dos galegos. Analicemos as principais causas que explican a decadencia da lingua e da literatura galegas durante os Séculos Escuros. Podemos distinguir causas de índole literaria e outras de carácter político.

Decadencia da escola trobadoresca.
Tras a morte de Don Dinís, e do seu fillo o Conde de Barcelos, a mediados do s. XIV, a lírica trobadoresca entra en decadencia, en parte por falta de apoio institucional e en parte polo esgotamento das fórmulas que caracterizaban este tipo de literatura. Os poetas que continúan compoñendo á maneira dos trobadores tenden a repetir vellas formulas e tópicos literarios que lles restan forza ás súas creacións. Trátase dunha literatura decadente e galante, que ten lugar no ámbito cortesán, e que só é un mero entretemento para encher as horas de ocio dunha nobreza aburrida. Esta prolongación da lírica trobadoresca durante o s. XV e mesmo parte do XVI denomínase escola galego- castelá, e as mostras que temos chegáronnos a través de varios cancioneiros, o máis importante para nós o Cancioneiro de Baena, que recolle composicións escritas en galego xunto con outras en castelán que imitan as formas trobadorescas e poesía que responde xa ás novas modas ou tendencias poéticas, pois a vella literatura de orixe galego-portuguesa tiña os días contados e pronto é substituída pola poesía de corte renacentista que chega desde Italia.

A progresiva perda de independencia de Galiza dentro do reino de Castela.
Coa independencia de Portugal no S.XII Galicia queda nunha situación periférica sendo anexionada ao reino de Castela coa conseguinte perda de independencia e de poder político, sobre todo coa chegada da Monarquía centralista dos Reis Católicos. Pero esta perda de poder específico dos nobres galegos dentro do Reino de Castela xa se remonta ao conflito sucesorio que tras a morte de Alfonso XI enfrontou o seu fillo Pedro I (alcumado “el Cruel” na historiografía española) e Enrique de Trastámara, fillo bastardo do monarca que lle disputou o trono co apoio de boa parte da nobreza castelá. Os nobres galegos que defenderon a causa do lexítimo herdeiro sufrirán as represalias de Enrique II unha vez sexa proclamado rei. Así algunhas das principais familias galegas como os Castro son desposuídos das súas terras que serán entregadas a nobres vidos de fóra como os Osorio ou os Andrade. A nova nobreza demostra un absoluto desprezo e incomprensión pola realidade galega e a súa cultura e interesados unicamente en acadar riquezas impoñerán aos labregos das súas terras importantes cargas, difíciles de satisfacer para unha economía campesiña. Esta actitude, xunto con outros factores entre os que destacan os intereses dunha burguesía que ansiaba maiores cotas de poder, é unha das causas das Revoltas Irmandiñas que se producen no século XV. Defeito, a primeira Revolta Irmandiña (1431) estala nas terras do Señor de Andrade, en Betanzos, debido ás esixencias que impoñía aos seus vasalos, e pronto se fará sentir o malestar dos galegos cara os seus señores por todo o territorio. A segunda Revolta Irmandiña ten lugar entre 1467-1469 e fará abanear os alicerces do sistema feudal, provocando a fuxida dos nobres galegos que acoden ao monarca para que poña fin ao conflito.
Estas loitas fan que Galiza viva un período de inestabilidade social que debilita a súa nobreza e as súas institucións, anunciando o desmantelamento das clases dirixentes galegas que terá lugar definitivamente co advento da monarquía absoluta dos Reis Católicos.
substitución da nobreza galega durante a monarquía dos Reis Católicos.
Baixo o reinado dos Reis Católicos a nobreza galega é expulsada de Galiza e os seus postos na administración, na igrexa ou na política son ocupados por unha nobreza foránea, que tiñan o castelán como lingua. O feito histórico que está na orixe da represalia dos Reis Católicos contra a nobreza galega é unha vez máis un conflito sucesorio. Tras a morte de Enrique IV (“O Impotente”) enfróntanse polo trono a súa filla -e lexítima herdeira- Xoana (alcumada “la Beltraneja”) e a irmá menor do monarca, Isabel (coñedida como Isabel a Católica). Os nobres galegos apoiarán o bando de Xoana, que resulta perdedor da contenda. A execución pública en Mondoñedo do Mariscal Pedro Pardo de Cela en 1483 pon fin á resistencia da nobreza galega e comeza o proceso de “doma e castración de Galicia” (tal como o definiu Xerónimo de Zurita, cronista de Fernando o Católico), é dicir, o proceso de sometemento e aculturación que caracteriza a política dos monarcas casteláns a partir dese momento. Os Reis Católicos, interesados en afirmar o seu poder en todo o territorio, inician o proceso de substitución dunha nobreza galega conflitiva por outra foránea que lle é fiel. Deste modo, os máis dos nobres galegos rebeldes serán afastados das súas terras para ocupar cargos na administración ou en ultramar. Tamén os altos cargos eclesiásticos serán ocupados por xente foránea e o Reino de Galiza pasa a recibir un trato parecido ao das colonias das Indias, creando unha Capitanía Xeral que sometía as súas decisións aos intereses da monarquía. Coa chegada dos Austrias aínda se van agudizar as medidas de aculturación, que no s. XVI xa empezan a ter consecuencias no terreo lingüístico.

CONSECUENCIAS
As consecuencias derivadas destes acontecementos históricos para a lingua e a literatura galega son as seguintes:
  • O lingua galega queda reducida ao uso oral, arredada dos ámbitos de prestixio, o que imposibilitou o seu desenvolvemento literario.
  • Mentres as demais linguas se conforman como linguas nacionais, o galego perde esa oportunidade.
  • O castelán convértese na lingua da administración, das relacións co poder e da cultura.

    AS MANIFESTACIÓNS LITERARIAS DOS SÉCULOS ESCUROS
    Durante os denominados Séculos Escuros o galego desaparece do uso escrito e dos ámbitos formais, quedando relegado practicamente á oralidade, polo que apenas hai manifestacións literarias cultas en galego. Non obstante, o galego continúa a ser a lingua da inmensa maioría do pobo, e durante este período, no que as condicións socio- políticas non permiten que emerxa un sistema literario galego, vaise continuar desenvolvendo unha importante literatura de carácter popular.
    Deste modo, o primeiro criterio que se impón á hora de afrontar o estudo da literatura dos s. XVI e XVII é a distinción entre literatura popular ou tradicional e a literatura culta.

    LITERATURA POPULAR E TRADICIONAL

     A literatura popular inclúe todas aquelas creacións anónimas elaboradas polo pobo, tanto cantigas como narracións. Non obstante, só no s. XVIII e XIX este tipo de literatura espertou o interese dalgúns estudosos que as recolleron por escrito. Polo tanto, se deixamos de lado as creacións que só perviviron de forma oral e que conforman a nosa tradición popular, teríamos que reducir as mostras populares a unhas poucas pezas de poesía inspiradas en feitos históricos como a execución de Pardo de Cela e o saqueo de Cangas polos turcos, ou o heroísmo demostrado por María Pita fronte aos ingleses que a atacaron a Coruña en 1598. Intentemos unha clasificación esquemática da literatura popular dos Séculos Escuros.

    - Literatura anónima tradicional. Estaría composta dunha parte por manifestacións do lirismo popular en verso como refráns ou cantigas de berce, cantigas de cego, de traballo, etc; doutra parte, as manifestacións narrativas en prosa entre as que se inclúen lendas, contos, fábulas etc. Só a partir do século XVIII será recollido e documentado este acervo popular que fora transmitido de forma oral ao longo dos séculos.

    - Poesía de circunstancias de carácter popular. Trátase fundamentalmente de dúas mostras de poesía narrativa que xiran en torno a temas históricos de fondo calado na memoria popular.
 “Pranto da Frouseira”. É un poema anónimo posiblemente de fins do s. XV. Esta composición xira en torno á figura de Pedro Pardo de Cela, executado o 17 de decembro de 1483 en Mondoñedo por mandado dos Reis Católicos.
”saqueo de Cangas polos Turcos”. Trátase dunha composición anónima pertencente ao s. XVII que se inspira no ataque dos piratas turcos á vila de Cangas o 9 de decembro de 1617. O relato en verso que circulou de forma oral foi recollido máis tarde por escrito, e faise evidente a intervención dun autor culto que engadiría os versos pares da composición.

-Panxoliñas de Nadal. Mención aparte merecen estas composicións que parece que tiveron grande desenvolvemento durante este período debido á galeguización do tema do Nadal. Non se poden confundir coas panxoliñas escritas no século XVII E XIX por autores cultos.

LITERATURA CULTA:
Ao lado da literatura popular existiu unha moi exigua literatura culta, practicamente reducida a unhas poucas
composición poéticas. Podemos agrupalas en poesía de tendencia renacentista e poesía de tendencia barroca.
- Poesía renacentista. Agrupamos baixo esta denominación dúas composicións datadas no s. XVI que presentan en certa medida trazos que caracterizan a poesía de corte renacentista, como as alusións mitolóxicas ou o emprego do soneto como forma compositiva.
-O “Soneto de Monterrei”. Composición anónima escrita arredor de 1530, de tema pastoril, que foi atribuída primeiramente a Camões de forma equivocada. Denomínase “Soneto de Monterrei” porque nos primeiros versos fai referencia expresa a esta localidade do Val de Laza.
-“Araucana naçaon”. Soneto da autoría de Isabel de Castro e Andrade, Condesa de Altamira, que o compoñería arredor de 1578 ao publicarse a segunda parte de “La Araucana” de Alonso de Ercilla, ao que está dedicado o poema. A composición, escrita nun galego con trazos portugueses, é a única que se conserva na nosa lingua desta autora, aínda que parece que non foi o único que escribiu.
-Poesía barroca
Adoitan agruparse baixo a categoría de poesía barroca os sonetos galegos do s. XVII incluídos no libro das “Exequias da raíña Margarida” publicado en 1612, por considerar que xa presentan trazos temáticos e estilísticos característicos desta estética, como son a visión pesimista da vida expresada no tópico do “tempus fugit”. Tamén dentro do período barroco cabe inserir outras obras como as “Décimas ao Apóstolo Santiago (de tendencia popularizante) e as composicións das “Festas minervais” promovidas desde a Universidade de Santiago. Comentemos estas obras cun pouco máis de detalle:
 Sonetos incluídos nas “Exequias á Raíña Margarida”. Neste libro composto con motivo da morte da Raíña Margarida de Austria inclúense dous sonetos escritos en galego xunto a outros textos en castelán e latín escritos en honra da raíña de España morta.

-“Soneto con Falda” de Xoán Gómez Tonel. Titúlase así por engadir ao final do soneto varios versos en forma de estrambote (ou falda). Faise un lamento pola perda que supón a desaparición da raíña de España.
- “Respice finem” de Pedro Vázquez de Neira. Este soneto, de tendencia claramente barroca, representa a cima literaria en lingua galega dos Séculos Escuros, segundo a crítica. É un soneto composto, igual que o anterior, para o libro das exequias en honra da Raíña Margarida e nel o poeta recorre ao tema da fugacidade da vida e do poder igualatorio da morte, que non fai excepcións con ninguén.
Décimas ó  Apóstolo Santiago de Martín Torrado. Trátase de composicións de tendencia popularizante e ton irónico compostas arredor de 1617 nos que o abade Martín Torrado constrúe unha sátira sobre a posibilidade de que Santa Teresa comparta con Santiago o padroado de España, tal como propoñía Felipe IV.
Composicións das Festas Minervais: Son nove romances escritos en honor ao fundador da Universidade, don Alonso III de Fonseca. Estas composicións foron escritas con motivo do certame literario das “Festas Minervais” que convocaba a Universidade de Santiago para loar a figura do seu fundador, e aínda que tivo varias edicións só se conservan estas de 1697.

-O teatro: Tamén dentro da literatura de tendencia popular ou tradicional, podemos incluír unha peza teatral do s. XVI. Trátase do Entremés famoso sobre a pesca no río Miño de Gabriel Feixoo de Arauxo. O asunto da obra é a disputa entre galegos e portugueses pola pesca no río miño. Ten un ton xocoso e festivo.
A Ilustración
No século XVIII, coa chegada da Ilustración, denúnciase a marxinalidade cultural e lingüística que sofre Galicia e aparecen algúns ilustrados que procuran a dignificación do país, estudan a lingua e van asentando as bases que posibilitan a aparición do Rexurdimento no século XIX. As principais figuras da Ilustración son as seguintes:
  • O Padre Feixoo (1676-1764). Frei Benito Xerónimo Feixoo, nacido en Ourense, a pesar de non ter deixado ningunha obra en galego, foi un pioneiro na defensa da dignidade da lingua galega, negando a súa condición de dialecto do castelán e equiparándoo a outras linguas románicas.
  • Frei Martín Sarmiento (1695-1772): Pedro José García Balboa, nacido en Vilafranca do Bierzo e criado en Pontevedra, é para Galicia a figura máis importante da primeira xeración de Ilustrados, chamada “xeración crítica”. Nas viaxes que realiza por Galiza toma contacto coa realidade do país e recompila abundante léxico recollido despois en obras como Catálogo de voces gallegas de diferentes vegelates ou Catálogo de voces vulgares. Pódese considerar o precursor da filoloxía galega, ademais atopamos nas súas obras unha argumentada defensa do uso do galego no ensino, na igrexa e na Administración. É autor en galego do Coloquio de 24 gallegos rústicos, 1200 coplas de estilo popular, froito da súa primeira viaxe por Galiza en 1745, que teñen por obxecto sobre todo compilar léxico e expresións propias da fala galega.
  • Os irmáns Anselmo e Plácido Feixoo. Se o padre Xerónimo Feixoo non deixou ningún testemuño da súa creatividade en galego, os seus irmáns si. Anselmo Feixoo é autor dun poema en galego titulado “Llanto de la flota por una ninfa gallega” inspirada na batalla naval de Rande e Plácido deixou outro poema titulado “Glosa”.
  • Diego Cernadas e Castro. O cura de Fruíme é un enérxico defensor da lingua galega. É autor de varias composicións líricas no noso idioma.
  • O Padre Sobreira (1746-1805). O seu labor céntrase en recoller léxico e refráns e cantigas populares. É autor de Idea de un diccionario de la Lengua Gallega e Ensayo para la Historia General de Galicia.
  • Xosé Cornide Saavedra (1734-1803). É un ilustrado que amosou interese pola lingua galega, recollendo no seu Catálogo de palabras gallegas coplas populares. É o autor do soneto “A Filida”, quizais a obra de maior calidade literaria deste período.
  • Francisca de Isla Losada (1734-1808). Desta autora só se conserva un romance humorístico dirixido ao cura de Fruíme, pois parece ser que pediu que queimasen os seus escritos tras a súa morte.
ben-falado-o-coloquio-dos-24-galegos-rústicos